HomeCulturaLemos Le celebra o 26 de outubro xuntanza conmemorativa do Día das...

Lemos Le celebra o 26 de outubro xuntanza conmemorativa do Día das Bibliotecas

Esta décima xuntanza celebrarase o sábado día 26 de outubro na Casa Rural A Salanova (Salcedo) a partir das 14:30 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O colectivo Lemos Le é un colectivo formado por bibliotecas escolares, bibliotecas públicas municipais (BPM) e a Asociación de Librarías da comarca de Lemos. Cada ano conmemora o Día das Bibliotecas que se celebra o 24 de outubro. Para celebralo organizan un xantar de confraternidade para todos os sectores relacionados coa cultura, a lectura e a educación coa intención de reivindicar a importancia do papel das Bibliotecas como difusoras de cultura, formadoras de lectores, lugar de encontro e centros de información e recursos.

Quen desexe asistir poderá recoller a súa entrada nas Bibliotecas Públicas Municipais da Pobra de Brollón, Bóveda, Pantón, O Saviñao e Sober ou nas bibliotecas escolares do colectivo a un prezo de 20 €.

Ademais, xa que o Día das Letras Galegas 2025 estará adicado ás cantareiras e á tradición oral, este ano contarán coa colaboración literaria do colectivo ERRE QUE ERRE, REGUEIFA RABUDA que é un colectivo que pretende manter viva a tradición oral das regueifas e do brindo na Pobra do Brollón.

En edicións anteriores teñen colaborado nomes como Dani Viéitez e Iria Iglesias, Olga Novo,
Manuel Veiga, Lois Diéguez, Ramón Sandoval, Xabier Quiroga, Alicia Fernández, Flora Enríquez, Noa Moreira, Margarita R. Otero ou Antón Lopo.

ÚLTIMAS

Monforte adxudica as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Souto, en Guntín

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto técnico e a adxudicación...

Ribeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa ‘Coñece a túa provincia’

O programa Coñece a túa provincia, que impulsou a Deputación de Lugo hai seis...

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...