HomeCultura'La ratita presumida': Teatro infantil este domingo en Monforte

‘La ratita presumida’: Teatro infantil este domingo en Monforte

Está indicada para público familiar e será no Edificio Multiusos ás 18:00 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte continúa co seu ciclo de teatro que fai posible a Rede de Teatros e Auditorios da Xunta e ofrece unha nova actuación este domingo 10 de novembro no Edificio Multiusos a partir das 18:00 horas.

Trátse dunha obra para público infantil (de 3 a 10 anos) que leva por título “La ratita presumida”, unha versión do coñecido conto a cargo da compañía Tropos, Teatro de Títeres, composta por Charles Perrault, dirixida por Eduardo Guerrero e coa interpretación de Patricia Arroyo e Guillermo Gil.

O prezo da entrada xeral é de 5 euros e de 3 para nenos, estudantes, desempregados e xubilados.

SINOPSE

O amor non se pode escoller. As veces chega e logo vaise. As veces quédase para sempre e as veces non o atopas nunca. Outras, o tes tan preto que nin o ves.

A ratiña Martina e o rato Martín son bos amigos. Un día, Martina atopa unha moeda e decide comprarse un lazo na mercería do seu amigo Martín. e está tan guapa que comezan a choverlle pretendentes. O Señor Pato, Don Sapito, Don Gato… cal será a mellor elección?  A ratiña non se deixará conquistar facilmente, nin Martín permitirá que lle arrebaten o amor da súa vida.

ÚLTIMAS

Mercado de Outono, este 31 de agosto na Praza de Abastos de Monforte

A celebración do mercado mantense, aínda que non se desenvolverán os actos institucionais, en...

A Deputación destina máis de 550.000€ é mellora de estradas en Pantón, O Saviñao e Paradela

A Deputación de Lugo aprobou este venres, na reunión da xunta de goberno, investimentos...

‘Cantiga de amiga’, un documental sobre o lesbianismo na Galicia Medieval

A actividade, que se celebrará ás 20:30 horas no Centro Cívico de Monforte de...

Carballedo, Taboada e Pantón próximas paradas do Ciclo de Teatro Afeccionado da Vicepresidecia

O sábado, 31 de outubro, ás 18:00 horas o Salón de actos da Casa...