HomeCulturaEste 6 de decembro celébranse os XII Cantos de Taberna da Pobra...

Este 6 de decembro celébranse os XII Cantos de Taberna da Pobra do Brollón

A partir das 6 da tarde deste venres celébranse os XII Cantos de Taberna da Pobra do Brollón coa participación de doce agrupacións procedentes tanto da Pobra do Brollón como doutros municipios da bisbarra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Todos os grupos pasarán ao longo do serán polos seis bares do municipio: Avenida, Bar Pirata, Primeiro de Maio e Vella Taberna na Pobra do Brollón; O Fogón en Cereixa e Salanova en Salcedo. O circuíto rematará arredor das once da noite, aínda que a idea é que a música continúe polos bares a modo de ‘foliada expansiva’.

O ano pasado xa se suprimiu o remate na Casa da Cultura para favorecer que o ambiente festeiro se manteña nos locais de hostalería. Nesta duodécima edición, tras o éxito do ano pasado, repite a formación Son do Brollón, composta por nenas e nenos da Escola municipal de Música Samoeiro. É unha das tres agrupacións locais participantes, xunto con Os Somontanos e Cantareiras de Fornelas. A agrupación local Corenta e Chinco finalmente non participa debido ao accidente sufrido recentemente por un dos seus compoñentes. No seu lugar, incorpórase o grupo Abertal de A Rúa.

Doutros concellos, tamén participan tres grupos de Chantada –Searas, O Trespés e Dakidoasma–, Ministreles (Monforte), Os Bochetas (Sober), As Macizas Centrais
(Trives), Son do Mao (Bóveda) e O Recanto (Quiroga).

Dende o Concello da Pobra do Brollón, lembran ademais que continúa o Concurso de Tapas da Guimaralia, sendo este xoves, 5 de decembro o último día para degustar os pinchos e participar na votación popular.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...