HomeCulturaL∃EMOS, novo selo de Agrasar Editores que abre a porta a xéneros...

L∃EMOS, novo selo de Agrasar Editores que abre a porta a xéneros e voces universais

A editorial monfortina Agrasar Editores anuncia o lanzamento de L∃EMOS, un novo selo que combina a súa identidade rexional cunha apertura a diversas temáticas e estilos literarios, ampliando o seu alcance a autores de todo o país, con publicacións tanto en galego como en castelán.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde a súa fundación, Agrasar Editores, foi un piar na preservación e promoción da cultura e o patrimonio literario de Monforte de Lemos e a súa comarca, dedicándose exclusivamente a obras relacionadas coa rexión. Esta especialización consolidou á editorial como un referente en Galicia, cun catálogo centrado en autores e obras que exploran a riqueza histórica e cultural do lugar.

Con todo, co lanzamento de L∃EMOS, a editorial busca transcender o seu enfoque rexional sen renunciar á súa identidade, á vez que ofrece a escritores de diversas temáticas a posibilidade de publicar baixo o prestixio de Agrasar Editores. O nome L∃EMOS foi coidadosamente elixido para representar esta dualidade de identidade e apertura. Cunha chiscadela á comarca de Lemos, e á palabra “leemos” en castelán e en galego (lemos), o novo selo convida ao público a descubrir e gozar de novas lecturas e voces.

Ademais, o logo de L∃EMOS incorpora o “símbolo existe” (∃), un elemento matemático que simboliza a apertura á multiplicidade de voces e a existencia de historias en diferentes xéneros e estilos, consolidando a L∃EMOS como un espazo onde cada obra atopa o seu lugar. No logo tamén se quixo representar a Monforte coa presenza dunha torre simbolizando a torre da homenaxe, un dos monumentos máis relevantes da cidade que acolle a editorial.

Co novo selo editorial, Agrasar Editores responde ao crecente interese de escritores de narrativa e poesía non ligados especificamente á temática monfortina, inaugurando unha nova etapa de apertura e expansión literaria.

O primeiro título baixo o selo L∃EMOS, “Máis fortes cas bolboretas”, chegará ás librarías nos próximos días, marcando o inicio dunha colección que promete sorprender e emocionar aos lectores con temas e perspectivas diversas máis aló das fronteiras de Monforte.

ÚLTIMAS

O comité de centros de atención primaria denuncia deficiencias graves na subministración de material

Aseguran desde o Comité que as deficiencias na subministración afectan a produtos básicos necesarios para...

Pregoeiros de cine na Feira do Viño de Quiroga

Edu Soto, é un actor, humorista e cantante español que traballou con con Andreu...

‘Memorias dun neno labrego’ encheu de público e de emoción o Multiusos

O pasado xoves 19 de febreiro a representación da obra de teatro “Memorias dun...

Máis de 1.500 persoas desfilaron en Pantón este sábado e entregáronse máis de 5.000€ en premios

Este ano encabezaban o desfile os traxes tradicionais do Entroido de Budián e contábase...