HomeCulturaAmpla e variada programación infantil para este Nadal en Chantada

Ampla e variada programación infantil para este Nadal en Chantada

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada organiza unha completa programación de actividades para este Nadal orientadas a favorecer a conciliación durante estas Festas, con interesantes propostas de ocio para nenos e nenas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No Pavillón Municipal de Chantada desenvolveranse do 23 de decembro ao 3 de xaneiro, os Campamentos de Nadal. As actividades terán horario de 10:00h a 14:00h, coa opción do Servizo de Madrugadores en horario de 8:00h a 10:00h para as familias que así o soliciten. Os días 25 de decembro e o 1 de xaneiro non haberá Campamentos de Nadal.

Ademais na Casa da Cultura organízanse diferentes obradoiros creativos que imparte a empresa local Velaísca, para maiores de 8 anos. Terán lugar os días 23, 27 e 30 de decembro e 2 de xaneiro de 12:00h a 13:30h.

Este ano, como novidade, prográmanse obradoiros pola tarde. Así os días 26 de decembro e 3 de xaneiro de 17:00 a 18:30, estes talleres destínanse a idades de 5 a 7 anos e, para maiores de 7 anos seguirán as propostas en horario de 18:30h a 20:00h.

As inscricións para as distintas actividades poden facerse na Casa da Cultura desde este martes, día 10 de decembro, ata o día 18, ambos os dous incluídos. Poden facelo en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:00 a 20:00 de luns a venres e os sábados de 10:00h a 14:00h. Para os obradoiros da Casa da Cultura as prazas están limitadas a 25, que se cubrirán por orde de inscrición.

A programación infantil do Concello de Chantada complétase coas actividades que desenvolverá a concellaría de Cultura no Auditorio Municipal e na Biblioteca con diferentes sesións infantís que terán lugar entre o 20 de xaneiro e o 2 de decembro.

Os máis novos/as vivirán o día grande destas Festas, o 5 de xaneiro, coa Cabalgata de Reis que dará comezo ás 18:30h. Despois do desfile polas rúas da vila, as Súas Maxestades recibirán ás nenas e nenos no Auditorio Municipal onde haberá chocolatada popular.

ÚLTIMAS

A comunidade rural da comarca de Chantada reivindícase ante os parques eólicos e outras afectacións ao territorio

Durante a presentación, a presidenta da entidade destacou que, nun contexto marcado polo despoboamento,...

A II Summer Begin’s Quiroga celébrase o 24 de xullo no Parque da Constitución

Os amantes da música urbana, a electrónica e o bo ambiente xa poden ir...

A política cultural como ferramenta de transformación social protagoniza un encontro no Pazo de Tor

O encontro enmarcábase no proxecto “Escola, Cultura e Territorio” promovido polas áreas de Cultura...

Este 18 e 19 de xullo, Ferreiros na Pobra do Brollón celebra a IV edición de Brindadeira

Brindadeira xurdiu dunha iniciativa do goberno municipal para recuperar a tradición do brindo, un...