HomeCulturaParabéns para Encarna Lago pola Medalla de Ouro en Belas Artes, destacando...

Parabéns para Encarna Lago pola Medalla de Ouro en Belas Artes, destacando as súas aportacións para a inclusión e interculturalidade desde os museos

A deputada de Cultura Iria Castro, a concelleira de Cultura de Lugo Maite Ferreiro e o vicepresidente da Deputación Efrén Castro parabenizaron a Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo polo Medalla de Ouro de Belas Artes coa que foi recoñecida polo Ministerio de Cultura pola súa traxectoria na xestión cultural.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nun encontro celebrado no Museo Provincial de Lugo trasladóuselle á xerente da Rede Museística Provincial de Lugo, a importancia deste galardón, que se concede a personalidades e institucións que destacan no ámbito cultural. Valorouse tamén “a oportunidade que o recoñecemento persoal supón desde o punto de vista colectivo, proxectando aos museos provinciais como un espazo de referencia en accesibilidade e inclusión en todo o Estado e como un lugar de encontro arredor da arte e do patrimonio”.

Iria Castro e Maite Ferreiro destacaron “as accións desenvolvidas para facilitar o acceso ao Museo, como a recente instalación dos códigos Navilens para guiar as visitas de persoas con baixa ou nula visión, e as programacións desenvolvidas en colaboración con colectivos sociais como unha contribución á inclusión e a interculturalidade”.

Durante o encontro, visitaron a exposición temporal “Museo da Migración da Rede Museística Provincial de Lugo: punto de partida”, ubicada no claustro e no refectorio do Museo Provincial de Lugo, con diferentes paneis que apelan á reflexión das persoas visitantes sobre os procesos migratorios e propoñen fomentar o diálogo intercultural. Tamén a mostra “As Xoias do Deserto”, unha selección de xoias tradicionais, fotografías evocadoras e vestimentas características das mulleres bereberes.

A Rede Museística Provincial de Lugo intégrana o Museo Pazo de Tor de Monforte de Lemos, o Museo do Mar de San Cibrao, a Fontaleza de San Paio de Narla en Friol e o Museo Provincial de Lugo.

ÚLTIMAS

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...