HomeCulturaIII Festival de Maxia do Incio

III Festival de Maxia do Incio

Despois da satisfactoria experiencia das edicións anteriores, o concello repite o ciclo de actuacións de maxia que se levarán a cabo, ademais de na Cruz do Incio, en Lebón, Cervela e Vilademouros.

Publicado o

- Advertisement -

A actividade, encadrada na programación de Nadal do concello, recolle 4 actuacións en distintas parroquias do Incio, durante as fins de semana do 22 e 23 de decembro e a do 29 e 30 de decembro.

O Festival presentouse este mércores no concello, por parte do Deputado de Mocidade, Pablo Rivera Capón e a Alcaldesa do Incio, Laura Celeiro García. O organismo provincial fai unha achega de 2.000 euros para a celebración das funcións, que serán de balde para o público.

A programación desta terceira edición do festival é a seguinte:

  • 22 de decembro: 18:00 horas: actuación do Mago Marco, no Multiusos do Concello do Incio
  • 23 de decembro: 18:00 horas: actuación do Mago Lolo, no local social de Lebón
  • 29 de decembro: 18:00 horas: actuación do Mago Samuel Moreno, no local social de Cervela
  • 30 de decembro: 18:00 horas: actuación do Mago Paco, no local social de Vilademouros

Rivera Capón subliñou que “Esta iniciativa permite que os veciños das parroquias poidan gozar tamén deste tipo de espectáculos de maxia en vivo, descentralizando a actividade cultural”.

Presentación do Festival / Deputación Provincial

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...