HomeCulturaAmpla programación da Furgoteca para este mes de xaneiro

Ampla programación da Furgoteca para este mes de xaneiro

A Xunta de Galicia ten xa en marcha a programación  de actividades da ruta da Furgoteca na provincia de Lugo. Trátase dun amplo abano de propostas no rural que se chegará aos municipios de Folgoso do Courel, O Incio, Samos e Triacastela, entre outros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ao abeiro deste servizo de Furgoteca a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude organiza varias iniciativas culturais para todas as idades que van desde contacontos ou xogos ata diversas citas nas distintas localidades que forman parte do circuíto. O programa, que coincidirá coa celebración do segundo aniversario desta ruta, inclúe un obradoiro ou a posta en marcha do Reto Lector deste ano 2025.

A Furgoteca levará a narración oral A aldea que eu soñei ao Incio o día 22 ás 11,40 horas. Os vindeiros días 28 e 29, en Triacastela ás 11,00 horas, e Navia de Suarna ás 13,45 horas, respectivamente, os usuarios poderán gozar do contacontos a cargo de Paula Buján. Finalmente, o 31 de xaneiro a localidade de Samos contará coa narración A aldea que eu soñei, ás 11,35 horas.

No primeiro ano de funcionamento as bibliotecas móbiles, que estiveron presentes en 20 municipios de menos de 2.000 veciños, atenderon a 14.300 persoas e realizaron máis de 300 actividades de dinamización cultural. A iniciativa concorda cos obxectivos da Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia, impulsada pola Xunta e que promove o acceso á cultura de todas as persoas facendo especial fincapé en paliar as limitacións xeográficas.

As rutas de A Furgoteca viaxan dúas veces ao mes a cada un dos concellos participantes, de maneira que se asenta un dos días nas localizacións con maior afluencia de público, xa sexan feiras, mercados, centros de saúde, pavillóns de deporte ou centros socioculturais. Na outra xornada achéganse ás aldeas para ofrecer unha atención máis personalizada.

ÚLTIMAS

Que é Bóveda Slam Poetry?

Bóveda Slam Poetry é unha organización sen ánimo de lucro inscrita na asociación de...

O 27 de abril celebrarase a XV Carreira Popular de Monforte de Lemos

O Concello de Monforte celebrará a Carreira Popular do ano 2025, o domingo, 27...

O historiador e intelectual Xosé Estévez Rodríguez candidato a “Fillo Predilecto de Quiroga”

A Xunta de Goberno Local do Concello de Quiroga aprobou co remate do ano,...

‘Fresca noite’, primeiro premio do concurso fotográfico de Nadal de Segredos de Pantón

O colectivo Segredos de Pantón vén de facer público hai uns días o resultado...