HomeCulturaChantada e Pantón soben ao autobús do teatro

Chantada e Pantón soben ao autobús do teatro

Neste 2025 continúa o Programa de mobilidade do Centro Dramático Galego, que traslada autobuses aos diferentes concellos galegos para achegar á súa veciñanza ás representacións teatrais que se desenvolven no Salón Teatro de Santiago.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este 29 de xaneiro a veciñanza de Pantón viaxa a Santiago de Compostela para ver “Nada se sabe”, unha coprodución do Centro Dramático Galego con Culturactiva, na que dúas actrices e dous actores cuestionan sobre o escenario a inclusión e a xestión da diferenza ante a discapacidade, que facemos como sociedade.

O autobús sairá de diante do BBVA, na estrada de Ourense ás 14:30h e a representación comezará ás 18:00h, contando con entrada subvencionada polo Concello de Pantón. Para máis información e inscricións poden poñerse en contacto cos teléfonos 982 456 377-670 329 131

O sábado, 8 de febreiro, o autobús do teatro chegará a Chantada contando, un ano máis, coa colaboración do Concello. Terá saída ás 15:15h da Praza de Galicia, tamén para asistir á representación da obra “Nada se sabe”. A función comezará ás 18:00h, sendo o prezo da entrada 5€. A hora de regreso será ás 20:00h.

Para asistir á representación poden inscribirse na Casa da Cultura ou no teléfono 982 441 752 de luns a venres en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h e os sábados de 10:00h a 14:00h. As prazas son limitadas ata completar o aforo do autobús.

ÚLTIMAS

“Hellen Keller, a muller marabilla?”, este 4 de decembro no Multiusos de Monforte

A compañía Chévere Teatro presenta “Hellen Keller, a muller marabilla?”, unha obra dirixida por...

A Pobra do Brollón apura o concurso de petiscos mentres espera unha gran xornada de Cantos de Taberna

A Pobra do Brollón espera vivir este sábado 6 de decembro outra das súas...

Un incendio corta a circulación ferroviaria entre Monforte e León

A circulación ferroviaria atópase interrompida entre Folgoso e La Granja  por unha avaría derivada...

Tres menores investigados en Sarria por furtos en dous comercios

A Garda Civil investiga na localidade lucense de Sarria a tres menores de idade...