HomeCulturaEntrega de premios de Poesía de Nadal 2024 do Concello de Monforte

Entrega de premios de Poesía de Nadal 2024 do Concello de Monforte

O acto tivo lugar o pasado 24 de xaneiro na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Concelleira de Cultura, Marina Doutón, vén de entregar o pasado 24 de xaneiro na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte os premios do concurso municipal de Poesía de Nadal 2024.

O concurso foi convocado pola Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos, en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo e os premios foron fallados polo xurado o pasado 15 de xaneiro.

No que respecta aos premios comentar que na categoría A, ata 8 anos, entregáronse 3 premios e 2 áccesit indo 3 galardóns ao CEIP Plurilingüe de Monforte de Lemos, 1 para CEIP A Gándara e 1 ao CPR Torre de Lemos. Na categoría B, de 9 a 11 anos, outros 3 premios e 2 áccesit resultando beneficiados o CPR Ferroviario (2), o CPR Escolapios (2) e CEIP Plurilingue Monforte de Lemos. Finalmente, na categoría C, de 12 a 16 anos, os premiados foron: CPR Torre de Lemos (2), CEIP A Gándara (2) e CPR Ferroviario. Os gañadores e as gañadoras recibiron como premio material escolar e diplomas conmemorativos.

A concelleira Marina Doutón agradeceu a participación de todos os nenos e nenas, así como dos profesores e profesoras implicados no certame, e animounos a seguir desenvolvendo esta labor creativa e a seguir participando nos diferentes concursos que convoca o Concello de Monforte.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...