HomeCulturaA pintora, Maruja Mallo, dá nome á rúa do colexio de Sober

A pintora, Maruja Mallo, dá nome á rúa do colexio de Sober

O próximo día 6 de febreiro fai 30 anos do seu falecemento. O goberno local aproveirará a efeméride para facer un acto de homenaxe co alumnado e profesorado do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme no que participarán especialistas na vida e obra da artista

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sober acordou no último pleno, a proposta da Alcaldía, dedicarlle a rúa do colexio, ata o de agora sen nome, á pintora, Maruja Mallo, polas súas raíces no municipio, en concreto co lugar de Naz, parroquia de San Martiño de Anllo. A proposta foi aprobada por unanimidade.

Polo que se sabe, o seu avó materno, José González, máis coñecido como Pepito, ferreiro de profesión, naceu e medrou na aldea de Naz, ata que emigrou a Vigo. Alí casou con Emilia Lorenzo e chegou a ser alcalde do desaparecido concello de Lavadores, que na actualidade está integrado no municipio vigués. Do matrimonio nacería María González Lorenzo, nai da pintora. Esta casou en Vigo co madrileño Justo José Gómez Mallo, unión da que naceu na cidade de Viveiro Ana María Manuela Isabel Gómez y González, nome completo de Maruja Mallo.

Ademais do acto do próximo día 6 de febreiro, o Concello de Sober colocará unha placa co nome de Maruja Mallo para sinalizar o nome da rúa e honrar así memoria desta artista de recoñecemento internacional. Previsiblemente inaugurarase no Mes do Amandi.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...