HomeCulturaCelia Díaz presentou a súa última novela en Quiroga

Celia Díaz presentou a súa última novela en Quiroga

Trátase de 'Todos calan', unha novela policíaca con varias tramas e moitas intrigas ocultas. A presentación tivo lugar na Casa da Cultura de Quiroga o pasado sábado 8 de febreiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Celia Díaz, filla adoptiva de Quiroga, quixo que Quiroga fose unha parada máis na súa axenda de presentacións da súa nova obra. O acto, deseñado como charla-coloquio, tivo lugar o pasado sábado no salón de actos Ánxel Fole da Casa da Cultura e estivo dirixido por Alejandro Del Pont, quen contou coa colaboración dos seus compañeiros Ramón Vila e Rosa Carrete. Tamén estivo presente o Alcalde, José Luis Rivera, quen fixo unha primeira intervención saudando a todos os presentes e desexando moitos éxitos á autora.

A Casa da Rodela foi un dos lugares no que Díaz se inspirou para escribir unha novela policiaca na que se desenvolven varias tramas con crimes, segredos familiares, traizóns e moitas intrigas ocultas.

Celia contou que este novo libro repousou durante moito tempo, concretamente cinco anos, no seu ordenador mentres continuaba dándolle vida aos personaxes. Neste senso explicou que hai unha presenza feminina moi importante, “tendo como protagonistas varias mulleres de diferentes xeracións, con pensamentos e gustos dispares, acordes a súa idade e condicición”. A historia transcorre polos anos cincuenta tendo como escenario principal a Casa do Souto.

No transcurso do acto léronse tamén algúns capítulos e ao remate a autora asinou exemplares e intercambiou impresións coa veciñanza.

Celia Díaz asinando exemplares da súa novela. Foto: RTMQ
SINOPSE DA OBRA

A aparición dun esqueleto emparedado na Casa do Souto trastorna a vida das persoas vencelladas á espléndida vivenda varias veces centenaria. Revélanse por fin silencios e segredos familiares que permaneceron ocultos durante moitos anos e queda ao descuberto unha cruel realidade. Porque a traizón máis dolorosa é a que procede de quen máis amamos. De quen, quizais inxenuamente, supoñemos que tamén nos aman.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...