HomeCultura'Lágrimas de plata', poemario presentado na Biblioteca do Saviñao

‘Lágrimas de plata’, poemario presentado na Biblioteca do Saviñao

Tivo lugar o venres 7 de marzo ás 18:00 h. con boa acollida de público.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A Biblioteca Municipal do Saviñao acolleu días atrás a presentación do primeiro poemario do autor Esteban A. Jiménez, Lágrimas de plata, publicado pola editorial Círculo Rojo.

Segundo conta a bibliotecaria, Mónica Carballo, “trátase dunha serie de poemas inspirados na experiencia persoal do autor, da que xa nos indica na cuberta como evoluciona a relación de parella: “Cuando el amor se convierte en tragedia”.

O autor contou parte da súa historia que inspirou os poemas deste libro, leu varios deles e tamén, en primicia, deu lectura a un dos poemas que incluirá no seguinte poemario da serie.

NOTA DA EDITORIAL

“Lágrimas de plata” convida ao lector a camiñar por un percorrido emocional profundo a través de versos que oscilan entre o amor, a tristura e a esperanza. O autor ofrece un relato sincero e crudo, plasmado nunha linguaxe poética que conecta coas emocións máis humanas.

A obra está dirixida especialmente a quen busca na poesía unha vía para reflexionar sobre a condición humana e as experiencias que nos transforman. Dispoñible en librarías e tamén en plataformas dixitais, “Lágrimas de plata” é un testemuño literario que amplía o compromiso do autor coa súa audiencia.

O AUTOR

Nacido en Badalona en 1965, apaixonado da literatura histórica e da poesía, decidiu publicar o seu primeiro libro de poemas dándolle un toque persoal, influído pola xeración do 98; con autores como José Martínez Ruiz (Azorín) ou Juan Ramón Jiménez, premio Nobel en 1956 e un dos seus inspiradores, descubriu ao escritor que leva dentro.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...