HomeCultura'As Alumnas', obra de teatro para conmemorar o 8M en Monforte

‘As Alumnas’, obra de teatro para conmemorar o 8M en Monforte

Está dirixida a público adulto, producida pola compañía Culturactiva e escrita por Paula Carballeira. Na dirección conta con Fina Calleja e como intérpretes defenden a peza Mónica Caamaño e Anabell Gago.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, e enmarcada na programación do 8M organizada pola Concellería de Muller e Igualdade e o CIM do Concello de Monforte, chega este xoves 13 de marzo a obra As Alumnas. A cita no Edificio Multiusos de Monforte a partir das 20.15 horas.

A peza, que se levará a escena no Edificio Multiusos, está producida pola compañía Culturactiva, escrita por Paula Carballeira, dirixida por Fina Calleja e interpretada por Mónica Caamaño e Anabell Gago. A hora de comezo está fixada para as 20:15 e o prezo da entrada xeral é de 5 euros. Para desempregados, xubilados e estudantes o custe será de 3 euros.

A OBRA

As Alumnas trata sobre a figura da pedagoga galega María Barbeito e sobre como o franquismo significou un enorme retroceso na educación do Estado, especialmente para as mulleres. As dúas personaxes femininas representan dous casos concretos de mulleres no marco histórico anterior e posterior á Guerra Civil que percorren diferentes camiños e que nos levan a tocar as transformacións sociais do momento.

A peza busca facer un exercicio de reapropiación da realidade colectiva e individual para reconstruír a memoria e espazos imaxinarios da nosa comunidade.

Elvira Fontao e Rosa Lires, antigas alumnas de María Barbeito, volven atoparse na data da morte da mestra, no ano 1970. Xa son mulleres. Atrás queda a infancia, o mundo que lles abriu  a mestra antes de que o Comité de Depuración a afastase do seu traballo na escola. Porén, son as dúas únicas alumnas que lle escribiron cartas contándolle o que foi das súas vidas. A través desas cartas, e da reconstrución daqueles tempos nos que eran as mellores amigas, iremos descubrindo como as decisións marcan o destino de cadaquén, e o medo, e a rebeldía.

A forma da peza parte desa pedagoxía que recolle María Barbeito de Maria Montessori ou Ovide Decroly: centros de interese, láminas ilustradas, a torre rosa, as imprentas infantís, os traballos de clase, os debuxos, a música, a  observación da natureza, o coidado e o respecto polas necesidades de aprendizaxe de cada nena.

OBRA PARA PÚBLICO INFANTIL

A seguinte obra do ciclo de teatro programada no Concello de Monforte será A nena e o grilo camiño das cores da compañía Magín Blanco. Terá lugar o vindeiro domingo 16 de marzo ás 18:00 h. no Auditorio do Edificio Multiusos, con entrada gratuíta.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...