HomeCulturaEncontro literario con Esteban A. Jiménez este 28 de marzo na Biblioteca...

Encontro literario con Esteban A. Jiménez este 28 de marzo na Biblioteca Pública Municipal de Chantada

O autor, nado en Badalona no 1965, deixou Cataluña por Galicia no 2023 para instalarse en A Barxa, O Saviñao, onde asegura que atopa a paz necesaria para escribir.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada acolle este venres, 28 de marzo, ás 18:30h a presentación do poemario “Lágrimas de plata” poemas para el recuerdo de Esteban A. Jiménez. A actividade organizada pola concellaría de Cultura vén a complementar a programación desenvolta polo concello de Chantada ao redor do 8M.

O autor, nado en Badalona no 1965, deixou Cataluña por Galicia no 2023 para instalarse en A Barxa, O Saviñao, onde asegura que atopa a paz necesaria para escribir. Amante da xeración do 98, é apaixoado da literatura histórica e da poesía o que o levou a publicar o seu primeiro libro de poemas en Círculo Rojo.

 “Lágrimas de plata” é unha proposta íntima e persoal que recolle unha selección de poemas inspirados nas experiencias máis significativas da súa traxectoria máis persoal cando o amor se convirte en traxedia. Basado en feitos reais, o poemario “busca alertar ás mulleres sobre a importancia de non resignarse ante situacións de abuso”.

Durante a presentación leranse poemas e o autor asinará exemplares do libro, ademais de abrir un espazo de intercambio de experiencias. A asistencia ao acto é de entrada libre e gratuíta.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...