HomeCultura'Os contos de lobicán', teatro infantil e familiar en Monforte

‘Os contos de lobicán’, teatro infantil e familiar en Monforte

Será este domingo 11 de maio no Edificio Multiusos ás 18:00 h. e a actuación enmárcase dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios de 2025.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A compañía REDRUM TEATRO presenta en Monforte de Lemos o espectáculo “Os contos de Lobicán”, unha peza autoría de Eva Mejuto, dirixida por Alex Sampayo e coa interpretación de Guillermo Carbajo e Victoria Pérez. Ademais, este texto foi gañador do XV Premio Barriga Verde 2022.

Trátase dunha historia en verso, áxil e atrevida, destinada a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, que busca darlle a volta aos contos clásicos ao tempo que transmite unha mensaxe educativa e valores universais como a amizade, a cooperación, o respecto pola natureza, o pensamento crítico e a importancia da imaxinación.

O espectáculo, que mestura intérpretes reais con monicreques, está inspirado no atractivo mundo de Wes Anderson onde as cores, a escenografía, o vestiario e a música axudan a trasmitir os valores anteriormente mencionados. A través da riqueza da narrativa e dos seus entrañables personaxes, o espectáculo convida a nenos e nenas a reflexionar sobre o mundo que os rodea e imaxinar novas posibilidades dun futuro máis inclusivo.

SINOPSE

Lobicán é un animaliño curioso que goza explorando o bosque e compartindo momentos coa súa familia. Malia súa reticencia cara á escola e o estudo, Lobicán mostra un profundo interese por aprender sobre a natureza e o mundo que o rodea. Nai Lobicana pídelle levar unha torta ao avó, e mentres Lobicán está no bosque, atópase con Xiana, unha nena que busca o camiño cara á casa da súa tía Silvana. Sen importar as súas diferenzas, Lobicán e Xiana establecerán unha forte amizade que os axudará a superar perigos e desafíos.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...