HomeCultura“SUMMER BEGINS QUIROGA” o 19 de xullo, festa para a mocidade

“SUMMER BEGINS QUIROGA” o 19 de xullo, festa para a mocidade

A Concellaría de Xuventude de Quiroga organiza a “Summer Begins Quiroga”, unha festa para a xuventude que nace coa intención de marcar o remate da época de estudos e comezar o verán.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A data escollida para esta primeira festa que ten intención de continuar no tempo e marcar unha data no calendario como inicio do verán, é o sábado 19 de xullo. A Summer Begins Quiroga nace para cubrir as peticións da xuventude local de contar cun evento propio para ela dentro da programación do verán.

Esta primeira cita, que comezará coa animación da charanga Louband, contará coa participación de catro DJ locais, DJ Fa, DJ Michel, DJ Adri  e DJ Mavilo; pero tamén contará co DJ valenciano Dani Daniel.

No recinto da festa que será na entrada do Parque da Constitución contarase entre outros complementos con “merchandising” e “food trucks” para facilitar a estancia da xuventude dende as seis e media da tarde ata as dúas e media da mañá, horario no que se desenvolverá a festa.

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...