HomePolítica"Reboiras: Acción e corazón", este 1 de xullo en Multicines Hollywood

“Reboiras: Acción e corazón”, este 1 de xullo en Multicines Hollywood

Este martes, 1 de xullo, ás 20:00 horas, o BNG de Monforte organiza a proxección do documental "Reboiras: Acción e corazón", dirixido por Alberte Mera, no Multicines Hollywood de Monforte (sala 3). A entrada será gratuíta ata completar o aforo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Reboiras: Acción e corazón” aborda a traxectoria vital e política de Moncho Reboiras, militante nacionalista asasinado pola policía franquista no ano 1975, “converténdose nun referente da loita pola liberdade, a xustiza social e a autodeterminación da Galiza”, explican desde o BNG.

Ao remate da proxección terá lugar un coloquio aberto ao público, no que participarán:

  • Alberte Mera, director do filme.
  • Marisa Canto, militante nacionalista e compañeira de loita de Moncho Reboiras.
  • Xosé Manuel Pavón, antigo concelleiro do BNG en Monforte e camarada de Reboiras, que foi represaliado durante a ditadura franquista pola súa militancia política, sufrindo detencións e torturas.

Neste coloquio abordarase tanto a figura histórica de Moncho Reboiras como a súa vinculación coa comarca de Lemos, “recuperando así parte da memoria colectiva do movemento nacionalista e antifranquista na zona”.

Con esta iniciativa, o BNG de Monforte asegura que “pretende contribuír á difusión da memoria histórica, así como promover o coñecemento dunha figura clave do nacionalismo galego contemporáneo”.

ÚLTIMAS

A comunidade rural da comarca de Chantada reivindícase ante os parques eólicos e outras afectacións ao territorio

Durante a presentación, a presidenta da entidade destacou que, nun contexto marcado polo despoboamento,...

A II Summer Begin’s Quiroga celébrase o 24 de xullo no Parque da Constitución

Os amantes da música urbana, a electrónica e o bo ambiente xa poden ir...

A política cultural como ferramenta de transformación social protagoniza un encontro no Pazo de Tor

O encontro enmarcábase no proxecto “Escola, Cultura e Territorio” promovido polas áreas de Cultura...

Este 18 e 19 de xullo, Ferreiros na Pobra do Brollón celebra a IV edición de Brindadeira

Brindadeira xurdiu dunha iniciativa do goberno municipal para recuperar a tradición do brindo, un...