HomeCulturaUxío Novoneyra súmase ao roteiro "Quiroga, territorio literario"

Uxío Novoneyra súmase ao roteiro “Quiroga, territorio literario”

O Concello de Quiroga ten organizado un novo roteiro literario musicado pola ruta “Quiroga, territorio literario” para o venres, 18 de xullo. Ademais dos autores xa recoñecidos, incorpórase agora poeta do Courel, Uxío Novoneyra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O 18 de xullo presentarase a estela dedicada a este poeta, que está colocada diante do emblemático establecemento “El Derroche”, onde o poeta courelao esperaba o autobús para saír destas terras cara a calquera destino.

Na web do Concello de Quiroga, aparece tamén no apartado dos museos de Quiroga “Arte no Ar, Quiroga, territorio literario”, con información sobre o poeta e a posibilidade de escoitar algunha das súas creacións mesmo na súa voz.

Esta nova estela incorpórase á ruta grazas ao financiamento do Plan de Sostibilidade Turística do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, que xa financiara a posta en marcha desta ruta coa sinalización dos lugares vencellados a Pura e Dora Vázquez, Eduardo Moreiras, Ernesto Guerra Dacal, Luis Losada, Ánxel Fole é Manuel María.

Nesta ocasión, a ruta “Quiroga, territorio literario”,  que pertence a Asociación RELIGA de Casas, Museos, Fundacións e espazos literarios de Galicia; estará conducida pola escritora Celia Díaz e musicado por Xavier Blanco da Fundación Legar, contando coa presenza da familia de Uxío Novoneyra.

O roteiro levará aos participantes a visitar os lugares relacionados con oito escritores que se viron, en maior o menor grao, influenciados polo microcosmos das terras quiroguesas. A organización desta actividade porá a disposición dos participantes un autobús para achegarse á Veiguiña e ao Hospital, percorrendo a pé só os emprazamentos do casco urbano de Quiroga no entorno da praza Maior.

As persoas interesadas en participar na ruta, que se desenvolverá o venres, 18 de xullo, entre as 10:00h. e as 14.30 h. teñen que inscribirse na casa da cultura antes do 17 de xullo, ben persoalmente, no teléfono 982.43.51.25 ou no enderezo cultura.quiroga.quiroga@eidolocal.es.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...