HomeCulturaColados, un novo Festival na Ribeira Sacra, este 12 de xullo

Colados, un novo Festival na Ribeira Sacra, este 12 de xullo

Trátase dunha proposta que busca poñer no mapa e dinamizar de forma sostible este lugar de Sober, na Ribeira Sacra. A iniciativa parte dun colectivo de recente creación, a Asociación para o Emprendemento Sostible na Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Varios emprendedores e emprendedoras de Bolmente (Asociación para o Emprendemento Sostible da Ribeira Sacra), no Concello de Sober, poñerán en marcha este sábado 12 de xullo unha nova iniciativa para poñer en valor a viticultura e dinamizar turisticamente o seu territorio. Falamos do bautizado como ‘Festival dos Colados’, un encontro que lle dará protagonismo ao viño pero arredor del ofrecerá diferentes alternativas de lecer para todos os públicos, especialmente familiar na sesión de tarde.

COMO XURDIU ESTE FESTIVAL?

Dende Casa Ferrador e Solpor Camper Park comentan que “isto comezou hai un tempo cando abriu Solpor e empezamos a facer mercadiños, recuperar o entroido, o magosto… pensamos que había que facer un festival para que a xente coñecese mellor Bolmente e que era importante poñer en valor as viñas, os colados, aos miradoiros…”. Ademais, sinalan que é un festival do viño, lúdico-cultural, con gastronomía, música, actividades para os nenos, experiencias… Os nosos interlocutores engaden que “é un festival moi familiar” e tamén, para atraer á poboación local da contorna de Lemos, convidan a  “que a xente de Monforte se anime a vir a coñecer a historia, a cultura e a paisaxe de Bolmente”.

PROGRAMACIÓN

O Festival dos Colados presenta unha programación na que destaca unha parte de pequeno mercado, con protagonismo do viño, un apartado especialmente pensado para a rapazada, e a música, con concertos de diferentes grupos e DJ.

Ás 11:45 h. en Bolmente, terá lugar a apertura de postos de viño e un pequeno mercado.

De 12 a 16:30 h. serán protagonistas o grupo de música tradicional Os Ministreles e o de batukada Aikirindo. Entre medio, ás 12:30 h. será a inauguración oficial.

No apartado infantil ás 13:30 h. actuará o Mago Iago, ás 15:30 h haberá un obradoiro; ás 17:00 h. será a quenda do narrador ecoloxista Anxo Moure; e ás 18:00 h. están programados xogos tradicionais.

CONCERTOS

A partir das 19:00 h. haberá moita música con concertos moi interesantes de grupos locais da Comarca de Lemos. Comezará o grupo ‘Deloreans’, ás 19:00 h.; cara as 21:00 h. poderase gozar do característico estilo tradicional-pop-rock rural dos Os Parentes; e a continuación, sobre as 23:00 h., chegará a Bolmente o Rock da banda 7 Rojo.

Para alongar un pouco a noite haberá música dalgún DJ.

Deloreans
EXPERIENCIAS E ROTEIROS

Como complemento a esta programación, tamén se organizan varias catas de viños dende as 11:30 ata as 20:30 h. Nese senso haberá unha cata sensorial, una de tradición e innovación, outra de brancos, e finalmente unha das subzonas. Para participar, recoméndase inscrición no correo asesribeirasacra@gmail.com (prezo de 20€).

No que respecta a roteiros, hai dous programados. Un é o ‘Roteiro extremo Cividade’ que sairá ás 8:30 h. e que ademais de ofrecer a posibilidade de coñecer a viña máis vertical da Ribeira Sacra, contempla seguro de RC, almorzo, degustación de viño, guía, viaxe en catamarán, música en directo, cataviño e camiseta oficial. O prezo desta actividade é de 50€ e hai que reservar en asesribeirasacra@gmail.com E o outro é o ‘Roteiro Os Colados’, con saída ás 9:00 h. Máis enfocado ao sendeirismo e que inclúe seguro de RC, guía, cataviños e degustación de viño, e camiseta. O prezo 15 €.

Canón do Sil na Ribeira Sacra. Foto: XMF
TRANSPORTE PARA FAVORECER OS DESPRAZAMENTOS

Para poder chegar a Bolmente, ao festival, a organización pon autobuses de balde para poder ir e volver dende Monforte e Sober.

Dende Monforte, no Parque dos Condes, saídas ás 11:00, 17:30 e 19:30 h. con parada en Sober no Bar Ribeira Sacra. E para volver, os horarios de saída de Bolmente son as 18:30, 1:00 e 2:00 h.

No que se refire a apoios económicos, a organización comenta que reciben axuda económica do Monte Comunal de Bomente, do Concello de Sober e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Tomé Roca formaliza a súa renuncia como Presidente da Deputación e o BNG esixe a súa dimisión

De conformidade co disposto no artigo 52 do Regulamento Orgánico da Deputación de Lugo,...

27 e 28 de decembro, Mercado de Nadal en Quiroga

Coa finalidade de dinamizar o comercio local e incentivar o sector da artesanía o...

A A.V. do Saviñao pide unha ordenanza que prohiba a plantación de árbores pirófitas no municipio

Como antecedentes, a Asociación explica que este verán quedou patente o poder devastador dos...

Roteiro “entre petróglifos e castros” en Pantón

A asociación cultural Segredos de Pantón convida a unha nova actividade o vindeiro domingo...