HomeCulturaO Festival Terra Brava do Incio chega á súa XXII edición

O Festival Terra Brava do Incio chega á súa XXII edición

Será o 16 de agosto e manterá a liña habitual de apostar pola cultura máis próxima mesturando grupos consolidados con outros emerxentes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O festival Terra Brava do Incio celebrará a súa vixésimo segunda edición o día 16 de agosto. Como mostra do apoio económico da Xunta de Galicia, o delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou días atrás na presentación do cartel xunto co alcalde do municipio, Héctor Corujo, e Luis Valcárcel, presidente da asociación Terra Brava, organizadora da cita.

O apartado musical estará cuberto polos galegos Lamatumbá, Sacha na horta, Mekanica Rolling Band e DJ Um Sincero, e os portugueses Kumpania Algazarra. Os concertos comezarán a partir das 19:30 horas na carballeira a carón do campo de fútbol.

Previamente haberá sesión vermú, amenizada por Xermolos, e despois a tradicional comida popular quecontará coa actuación da Escola de Música do Incio. A primeira hora da tarde está previsto o espectáculo infantil de Brais das Hortas.

Os organizadores puxeron á venda camisetas nos comercios do Incio para as persoas que queiran colaborar e os tíckets para o xantar poden mercarse na ferretería da localidade.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...