HomeCulturaImportantes achegas económicas para a Casa de Uxío Novoneyra

Importantes achegas económicas para a Casa de Uxío Novoneyra

O Goberno da Deputación fai públicas axudas por importe de 15.000 euros para obras de mellora e 20.000 para a realización e promoción de actividades culturais na Fundación Uxío Novoneyra en Parada do Courel.

Publicado o

- Advertisement -

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, fixo pública a colaboración deste organismo coa Fundación Uxío Novoneyra. Colaboración que consiste en dúas importantes achegas económicas, unha por importe de 15.000 euros para financiar obras de mellora na Casa da Fonte, sede da Fundación e Casa-Museo do poeta do Courel, e outra de 20.000 euros para a realización e promoción das actividades de balde que realiza a entidade durante o ano. A deputada aportou datos de impacto sobre este ben cultural indicando que visitan a Casa-Museo unhas 5.000 persoas ao ano e que durante o 2018 participaron nas actividades unhas 1.500 persoas.

Os principais traballos de rehabilitación realizáronse na paneira, construción propia do Courel que tiña a función de conservar alimentos, a forxa e o forno, elemento este que volverá estar operativo despois de 50 anos. Todos estes elementos forman parte dun conxunto arquitectónico que ten un importante valor etnográfico dadas as características construtivas que reúne, propias do Courel.

Segundo palabras de García Porto, “a rehabilitación deste conxunto ten un carácter estratéxico, polo seu valor patrimonial, pola súa histórica e significado, pode ser considerado como exemplo das construcións tradicionais labregas galegas e tamén de toda Europa”.

A Casa da Fonte é unha casona labrega típica do Courel, está situada en Parada do Courel e foi inventariada como conxunto arquitectónico patrimonial grazas á Deputación de Lugo no ano 2015. Está incluída dentro do programa de visitas do Ministerio de Educación e o pasado ano foron vela máis de 60 colexios de toda España.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...