HomeCulturaRe(en)contro no Museo Pazo de Tor coas creadoras das residencias artísticas da...

Re(en)contro no Museo Pazo de Tor coas creadoras das residencias artísticas da RMPL

A comezos deste mes de agosto, o Museo Pazo de Tor en Monforte, un dos museos da Rede Museística Provincial de Lugo, acolleu o programa Re(en)contro, con artistas que participaron nas residencias artísticas que a RMPL organizou nas últimas dúas décadas. As obras que realizaron durante a súa estancia en Tor están a exposición durante este mes no Pazo de San Marcos en Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


As protagonistas desta iniciativa na que o Museo Pazo de Tor serviu de inspiración para os diferentes proxectos creativos, son Mónica Trastoy (Vilalba, Lugo, afincada en Barcelona. Licenciada en Belas Artes cunha ampla traxectoria expositiva e recoñecementos); Ana Arregui (Osuna, Sevilla, residente en Madrid. Licenciada en Belas Artes e Máster en Arte e Tecnoloxía. A súa obra céntrase na identidade, o xénero e a experiencia individual, desafiando a representación tradicional do retrato); Miguel Benjumea (San Fernando, Cádiz. Artista e investigador, doutor en Belas Artes. O seu traballo explora as tensións históricas e cartográficas na definición do territorio); e Luciana Rago (San Juan, Arxentina, afincada en Madrid. Licenciada en Artes Visuais e Máster en Investigación e Creación en Artes. Ten exposto en prestixiosos centros de arte).

O resultado da súa estancia en Tor pódese ver na mostra que o 8 de agosto se inauguraba no Pazo de San Marcos e que tamén acolle unha representación das obras de artistas galegos que participaron en residencias artísticas nos museos provinciais ao longo dos últimos anos no marco do programa “Estudio Aberto”.

A iniciativa complétarase coa edición dun catálogo recopilatorio que documentará a traxectoria de “Estudio Aberto”, os procesos creativos desenvolvidos, así como o impacto e compromiso da Rede Museística Provincial co patrimonio cultural, os dereitos culturais e a accesibilidade.

Emocións de Soledad Penalta e Escrita no remoto

Coincidindo con este reencontro de artistas en Tor, presentouse o catálogo da exposicion “Emocións” da escultura Soledad Penalta, que documenta a mostra que puido verse os pasados meses de agosto e setembro no Museo Provincial de Lugo cunha selección de vinte pezas de gran formato que capturan a esencia e a destreza da súa produción dos últimos anos.

No acto participou tamén o poeta, tradutor, escritor e xornalista palestino-sirio, Mohamad Bitari, que participa na residencia Escrita no Remoto, unha iniciativa conxunta da Área de Cultura da Deputación de Lugo a través da Rede Museística Provincial e da Fundación Uxío Novoneyra que busca promover a creación literaria contemporánea en diálogo co territorio, a memoria e o patrimonio cultural. O autor pasa esta primeira quincena en Tor e a segunda na Fundación Uxío Novoneyra en Parada do Courel

Reencontro residencias artisticas no Museo Pazo de Tor, visita Iria Castro / Vicepresidencia Deputación Provincial

ÚLTIMAS

Respira, II Xornadas de Benestar do 8 ao 10 de outubro no Ateneo Casino de Monforte

O Ateneo Casino acollerá do 8 ao 10 de outubro un encontro que convida...

6 compañías do sur da provincia no Circuíto de Teatro Afeccionado que ten en marcha a Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación ten en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro...

Cortes de tráfico este 6 de outubro na Avda de Galicia de Monforte por obras de asfaltado

Esta actuación forma parte da mellora da Avenida de Galicia e a rúa Chantada...

Pantón comeza este 6 de outubro unha nova tempada de “Por que nos xuntamos os homes?”

En novembro do pasado ano o Concello de Pantón desde o departamento de Servizos...