HomesociedadeEn marcha o Ciclo de Concertos de grupos monfortinos

En marcha o Ciclo de Concertos de grupos monfortinos

Participan do ciclo 12 grupos monfortinos, que deselvolverán as súas actuacións musicais na Praza da Compañía, na Praza da Estación e na Praza de España ata o 18 de agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este ciclo foi unha das principais novidades do Programa de Verán de 2022, e tivo continuidade tanto no ano 2023 como o ano pasado e “dado o éxito acadado, volvemos a incluílo na nosa programación de verán de 2025, apostando decididamente por darlle protagonismo á actuación de grupos monfortinos. Tan é así o éxito acadado, que se constituíron nestes tempos novos grupos de músicos locais”, subliña o alcalde, José Tomé.

Este luns actuaron na Compañía Cero2Cero e Malenne. Xa este martes, 19 de agosto, Cool Flanders ofrecerá un concerto ás 22:30h na Praza de España, ás 00:00h comezará a actuación de Dinosaurios. O resto de actuacións desenvolveranse conforme ao seguinte calendario:

MÉRCORES  20  AGOSTO

  • 22:30h Praza da Estación, El Mundo de Sofía Band  
  • 00:00h Praza da Estatación, Segunda Parte.  

LUNS 1 SETEMBRO

  •   22:30h Praza da Compañía, Deloreans  
  •   00:00h Praza da Compañía, Los Jinetes del Trópico 

MARTES 2 SETEMBRO

  • 22:30h Praza da Estación, Nectarine Soul   
  • 00:00h Praza da Estación, Deuce   

MÉRCORES 3 SETEMBRO

  • 22:30h Praza de España, Galga Blues Band  
  • 00:00h Praza de España, Bella Chos   

Este ciclo de concertos é “unha aposta firme do Concello de Monforte polos grupos monfortinos, para dar a coñecer a súa creatividade e as súas propostas en diferentes estilos musicais tanto ós nosos veciños como ás persoas que nos visitan”, sinala o alcalde.

ÚLTIMAS

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra na Asociación de Ecoturismo en España (AEE)

A incorporación á AEE permitirá ao Consorcio sumar esforzos cunha rede estatal especializada en...

Os senadores populares denuncian “unha parálise de case 3 anos” na N-120

Os populares explican que “se ben é certo que o Executivo confirma que están...

Deloreans nas Festas de Nadal de Monforte

O rexedor acudiu ao concerto acompañado pola Tenente Alcalde, Gloria Prada; o Concelleiro de...