HomesociedadeUn cento de nenos e nenas de Monforte participarán como paxes na...

Un cento de nenos e nenas de Monforte participarán como paxes na Cabalgata de Reis deste luns

Como é tradición, os escolares de 6º curso de Primaria exercen de paxes reais neste desfile e, para iso, o Concello cédelles os traxes e os zurróns que deben levar como figuración. Na maña deste sábado, na Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte, procedeuse á entrega das bolsas con todo o material necesario para participar na Cabalgata.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Arredor dun cento de nenos en nenas dos centros de ensino de Monforte participarán na Cabalgata de Reis que percorrerá este luns, 5 de xaneiro, as rúas monfortinas ata chegar á Casa do Concello.

A Concelleira de Sanidade, Tráfico e Mobilidade, Pilar Espinosa, e o técnico da Concellería de Cultura, Carlos Rodríguez, foron os encargados de reunirse co alumnado participante e as súas familias para entregar a bolsa co material e informar sobre o desenvolvemento da Cabalgata. Nove escolares voluntarios foron escollidos por sorteo para acompañar aos Reis Magos nas súas respectivas carrozas, e o resto irán desfilando pola rúa e repartindo caramelos.

Os representantes municipais explicaron que este ano, debido ás obras que se executan na Estación de Renfe, as Súas Maxestades chegarán á pista cuberta da rúa Doutor López Suárez, fronte ao Cuartel da Garda Civil, onde se reunirán coa rapazada.

A chegada está prevista ás 17.30 horas, e os nenos e nenas que se acheguen poderán saudar os Reis Magos, que chegarán cargados de ilusión e bos desexos, pero tamén de caramelos que repartirán durante o desfile polas rúas da cidade.

No parque López Suárez conformarase a comitiva real, integrada por catro carrozas cos reis e os paxes. A Cabalgata comezará ás 18.30 horas dende Doutor López Suárez e avanzará cara Rosalía de Castro para facer o percorrido habitual polas rúas Calvo Sotelo, Roberto Baamonde, Cardeal, Avenida de Galicia (Ponte Nova) e Campo de San Antón ata chegar á Casa do Concello de Monforte, onde os Reis Magos serán recibidos polo Alcalde e demais autoridades e membros da corporación municipal nas escaleiras do edificio.

A continuación as Súas Maxestades lerán o discurso de dende os balcóns do Concello, finalizando a súa visita cunha recepción aos nenos e nenas na planta baixa do Consistorio.

O Alcalde anima a todos os veciños e veciñas a asistir á Cabalgata de Reis e agradece a colaboración dos centros de ensino CEIP Monforte, Escolapios, Fundación Educativa Torre de Lemos, Colexio Ferroviario e CEIP A Gándara.

ÚLTIMAS

Éxito do Mercado de Nadal de Pantón que abrirá os mercados da comarca na primeira fin de semana de decembro

O Concello de Pantón abría o Mercado a profesionais na decoración de Nadal, nas...

1,5M€ para a segunda convocatoria das axudas destinadas á conservación paisaxística na Ribeira Sacra

As achegas están destinadas a poñer en valor o labor que desenvolven as persoas...

Os Reis Magos visitan en Monforte os centros de atención a maiores e persoas con discapacidade

Trala multitudinaria Cabalgata que sementou ilusión polas rúas monfortinas o pasado luns, as Súas...

Galicia pecha 2025 con 17.715 cotizantes máis á seguridade social

Con 112.031 persoas, cóntase coa cifra de paro máis baixa nun mes de decembro...