HomeCulturaA Xunta colabora co Entroido de Salcedo, que se celebra do 14...

A Xunta colabora co Entroido de Salcedo, que se celebra do 14 ao 17 de febreiro

A parroquia de Salcedo, na Pobra do Brollón, celebra do 14 ao 17 de febreiro o seu tradicional Entroido, impulsado pola Asociación Veciñal de Salcedo e contando coa colaboración da Xunta.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Delegación Territorial de Lugo acolleu este venres a presentación do programa, coa participación do delegado territorial, Javier Arias, e o presidente da agrupación organizadora, Lucas López, ademais doutros membros do colectivo.

O pregón será o domingo, 15 de febreiro, ás 17:00h a cargo do antropólogo Rafael Quintía, presidente da Sociedade Antropolóxica Galega. A continuación sairán as Madamas e Danzantes e os Disfraces de Campo. A saída do Oso, o elemento máis característico deste Entroido, será o luns ás 17:00h

Durante estes días haberá funcións de teatro e animación musical, coas actuacións de Malenne, Alma DJ, Brabán Gaiteiros, Dúo Triada, Grupo Lume, as orquestras Suavecito e Los Players, a charanga Terras do Bibei e Mekanica Rolling Band. Tamén se desprazará a discoteca móbil A Duendeneta. Así mesmo, o luns e o martes, 16 e 17 de febreiro haberá dúas ceas populares, a primeira delas cunha foodtruck.

ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...