HomeCultura"A historia vaxenial", este 12 de marzo no Multiusos de Monforte

“A historia vaxenial”, este 12 de marzo no Multiusos de Monforte

O Concello de Monforte continúa coa programación arredor do 8M, Día Internacional da Muller, cunha nova proposta na carteleira teatral do Edificio Multiusos. A cita é este xoves, 12 de marzo, ás 18.15 horas, coa representación da obra “A historia vaxenial”, gañadora do VI Premio Luísa Villalta 2024 a proxectos pola igualdade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A proposta, organizada polo Concello de Monforte, enmárcase na programación da Rede de Teatros e Auditorios de Galicia e forma parte das actividades deseñadas dende o Centro de Información á Muller, CIM, no marco do Día Internacional da Muller. O prezo da entrada xeral para esta obra será de 5 euros e 3 para desempregados, xubilados e estudantes.

“A historia vaxenial” é unha montaxe da compañía Artyc Content. Escrita por Raquel Nogueira e Iván Marcos, segue o ronsel xerado por “Historias Vageniales”, a exitosa serie web creada pola mesma autora e gañadora dun Premio Mestre Mateo.

En clave de comedia, a obra fai un percorrido pola historia da humanidade para investigar como se representaron os órganos sexuais da muller e analizar como esta representación, ou omisión, estivo emparellada á desconsideración da muller e ao seu lugar no mundo. O tema dá para un drama, certamente. A peza teatral, interpretada por Raquel Nogueira, atópase a medio camiño entre unha comedia historicista e un evento feminista, entre unha veraz conferencia pedagóxica e un divertido monólogo confesional.

Próximas citas co teatro no Edificio Multiusos

  • 26 de marzo: O actor galego Carlos Blanco presenta o seu espectáculo “A Penúltima”.
  • 23 de abril: “Amalia y el río, historia de una estraperlista”, de Teatro Guirigai.
  • 26 de abril:  “Berenguela na gaiola”, do grupo Galeatro Producións Escénicas. Dirixida ao público infantil.

Todas as funcións programadas no Edificio Multiusos son ás 20.15 horas, agás a do 26 de abril, “Berenguela na gaiola”, que será ás 18.00 horas por ser unha obra dirixida ao público infantil e familiar. Os prezos mantéñense en todos os casos en 5€ para o público xeral e 3€ para menores, estudantes, desempregados e xubilados.

O Alcalde, José Tomé Roca, anima aos monfortinos e monfortinas a participar nesta completa programación, e remarca a “aposta decidida deste Equipo de Goberno pola cultura, e neste caso, polas artes escénicas, cunha oferta periódica no Edificio Multiusos que xa é un referente na axenda cultural de Monforte”.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...