Xermán Estévez é o coordinador do libro “Ribeira Sacra: Poesía e historia, paisaxe e cultura”, da Editorial Lar de Viveiro. Estamos diante dunha obra colectiva na que participan autores e autoras de diferentes disciplinas intelectuais que reivindican unha necesaria protección para o territorio Ribeira Sacra.
“Os autores amosan e describen a través de poemas e de relatos a parte determinante do patrimonio que é necesario preservar e coidar na contorna de Monforte, Ferreira, Ribas de Miño, Chantada, Santo Estevo e Sober, entre outros lugares que compoñen o territorio sacro”, comenta Estévez. Segundo el, as súas achegas poñen o foco en que as autoridades deberían realizar un plan de defensa do patrimonio e un plan de investimento para por en valor cada uno dos elementos arquitectónicos que existen na contorna. Consideran tamén que “a denominación da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial da Humanidade é un instrumento de referencia, pero, os investimentos reais deben partir do poder político para restaurar, coidar, rehabilitar e por en valor as máis de mil igrexas que existen e toda a arte sacra que está espallada polas provincias de Lugo e Ourense”. As persoas que escribiron este libro apoian a existencia do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra mais coinciden en que a Ribeira Sacra tería que contar cun órgano instrumental de primeiro nivel para a canalización de proxectos e para a dinamización dos proxectos culturais que están en proxecto. Así mesmo consideran que “é necesario afondar en investimentos e en proxectos sostibles para a fixación de poboación e para a dinamización das aldeas con servicios e con infraestruturas necesarias”.

PROPOSTAS DOS AUTORES
José Julio Fernández Rodríguez, ex valedor do pobo de Galicia e catedrático de dereito constitucional na USC. Aborda nas súas referencias a necesidade de contemplar un plan de protección patrimonial de todos os monumentos e igrexas das bisbarras de Lugo e Ourense coa necesidade de realizar investimentos en cada unha delas e polas en valor. Entende que é necesario abrir todo o románico do que dispón tanto Lugo como Ourense ao cidadán e os visitantes e os estudosos da arte e da cultura. Unha aposta que levaría a crear postos de traballo tales como guías e como prazas nos lugares de durmida e prazas en lugares de restauración.
Luis Antonio Vázquez Estévez, historiador e experto en gastronomía. Este autor aposta pola cultura patrimonial pola necesidade de conservar os produtos de horta e os produtos de proximidade para revalorizan tanto o produto da Ribeira Sacra como a súa orixe, neste exemplo, parte do aceite milenario de Quiroga cunha necesidade de etiquetalo e comercializado como produto de orixe galego e con indicación protexida. O anterior sen esquecer tamén o viño, os pementos, as cereixas de Ribas de Sil, etc.
Francisco Xosé Fernández Naval, “Chisco”, escritor e empregado público. Na súa colaboración na obra aposta pola capacidade creativa das súas xentes e pola diversidade paisaxística e histórica que amosa a bisbarra de Lugo e Ourense. Fernández Naval na súa narrativa fai poesía rítmica coa paisaxe da Ribeira Sacra e aposta por difundir a cultura e o seu patrimonio a través de promocións culturais e desde unha óptica de que os poderes públicos teñen que estar preto das demandas dos cidadáns
Rafael Costoya, crego, libreiro e poeta. Na súa contribución amosa todas as belezas que presenta a terra da Ribeira e a capacidade dos veciños de enfrontarse ao territorio e poder conseguir a través de bancais e a través de sistemas de rego unhas colleitas de primeiro nivel. Nese caso, facendo referencia aos viños con denominación de orixe mencía, godello, tintos, treixadura cunha calidade de primeiro nivel e cunha variedade presente desde hai máis de 2000 anos.
Julio González Núñez, empregado público; José María Guijo, letrado e investigador; Manuel Garrido, historiador e escritor; Ana Hermo, profesora. Ambos coinciden en que estamos ante un territorio e unhas construcións patrimoniais que é necesario preservar e é preciso que desde as institucións divulguen e coiden con proxectos sostibles un legado que os agricultores e os veciños e os colleiteiros axudaron a preservar e coidar.
Xosé Benito Reza, escritor. Fai unha cronoloxía da arte da Ribeira Sacra e da necesidade de que tal beleza paisaxística e cultural poida ser amosada e protexida e preservada para as xeracións futuras. Cre que, sen dúbida, os produtos como o viño, o termalismo, a cultura, a arte, a agricultura heroica teñen que contar con instrumentos públicos para a súa continuidade.

