Logo dun pequeno descanso pola Semana Santa o Cineclube Ateneo, actividade posta en marcha polo Ateneo Casino de Monforte coa colaboración do Fancine de Lemos e o Colectivo Nordés, continúa cun ciclo adicado ao cine documental. As proxeccións tocarán temas diversos como o medioambiente, a saúde ou a música. Ao mesmo tempo, tamén haberá espazo para o encontro con persoas vinculadas a algunhas das proxeccións.
Coa cita deste venres,The Story of Plastic, preséntase unha cronoloxía coherente de como chegamos á actual crise mundial de contaminación por plástico e como a industria do petróleo e do gas manipulou con éxito a narrativa que a rodea. Esta película presenta que se esconden detrás dun dos problemas ambientais máis acuciantes do mundo, desde a extracción de combustibles fósiles ata a eliminación de plásticos e a resistencia global que loita para contrarrestala. Contarase coa presenza de Caro González, que coordina as comunicacións para organizacións observadoras das negociacións para un tratado mundial sobre contaminación por plásticos da ONU.
O venres, 17 de abril, proxectarase Saúde con Antón García Gonçales (director). Estreada a finais de decembro de 2025, esta peza analiza a situación do Hospital Público de Valdeorras, poñendo o foco na progresiva degradación do servizo e nas consecuencias dos recortes na sanidade pública galega. Antón García Gonçalves (O Barco de Valdeorras 2007), é un novo cineasta e director galego que comeza a destacar polo seu compromiso co cinema documental e co formato da curtametraxe. A pesar da súa xuventude, o seu traballo amosa unha clara vocación por abordar temáticas sociais e de actualidade.
Xa o venres, 24 de abril, a cita será con The Beatles: Eight days a week. The touring years. Catro mozos de Liverpool transformaron para sempre a industria da música cunha xira que o mundo nunca vira antes. 166 concertos, 15 países e 90 cidades en todo o planeta. Esta é a historia dos excepcionais anos de xira de The Beatles, un retrato íntimo con entrevistas, música inédita e imaxes exclusiva con son restaurado de actuaciones en directo da banda máis importante de tódolos tempos.
Todas as películas teñen entrada libre e gratuíta.


