HomeCulturaAs Comadres das Letras preséntanse este 16 de abril no Centro do...

As Comadres das Letras preséntanse este 16 de abril no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Este xoves, 16 de abril de 2026, ás 19:00 horas terá lugar no salón de actos do Centro do Viño un novo acto organizado pola asociación cultural aulABERTA e aberto ao público en xeral, que conta coa colaboración da Librería Entrelibros, a Editorial Alvarellos e o Centro do Viño de Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Varias representantes de “As Comadres das Letras” presentarán o seu colectivo de escrita cun recital de textos das súas obras Contármonos (2023) e Cereixas roubadas (2025), publicadas pola editorial Alvarellos.

As Comadres das Letras xorden no 2022 en Santiago de Compostela. Este grupo en clave feminista constitúese durante dous obradoiros literarios de Eli Ríos, organizados pola Asociación de Escritores en Lingua Galega e o concello de Santiago. As autoras teñen distinta procedencia xeográfica e diversas circunstancias persoais. Algunhas delas contan con publicacións individuais ademais dos libros colectivos.

ÚLTIMAS

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...