HomeCulturaConcerto de 'Brassica Rapa', dentro dos actos do 25 aniversario do Conservatorio...

Concerto de ‘Brassica Rapa’, dentro dos actos do 25 aniversario do Conservatorio Municipal de Monforte

Foi no Salón de Actos da Casa da Cultura Lois Pereiro onde o público gozou deste espectáculo musical a cargo dun grupo formado integramente por mulleres.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Este pasado xoves houbo un interesante concerto da ‘brass band’ galega Brassica Rapa na Casa da Cultura de Monforte. A actuación, con entrada libre e de balde, estaba enmarcada no calendario de actos do 25 aniversario do Conservatorio Musical e fixo gozar ao público xeral así como ás autoridades municipais presentes.

O grupo combinou instrumentos de vento metal e percusión creando unha proposta sonora potente e festiva, cun repertorio fresco e variado no que non faltaron grandes éxitos do pop, o jazz, a música tradicional galega e as bandas sonoras.

A axenda de actos conmemorativos rematará o vindeiro 6 de xuño, ás 12.00 horas e tamén na Casa da Cultura Lois Pereiro. O que será acto central e de peche contará coas actuacións de exalumnos e exalumnas do centro que na actualidade se dedican profesionalmente á música. Concretamente, o barítono Lucas López López e a violinista Aldara Otero Fernández, que estarán acompañados ao piano polo profesor Azazel Fernández Prado. Tamén se realizará a entrega dun obsequio conmemorativo ao alumnado e a exalumnos e exalumnas presentes.

25 ANIVERSARIO DO CONSERVATORIO MUNICIPAL

O Conservatorio Municipal de Música ‘Mestre Ibáñez’ creouse en 1999 nunha aposta do Concello de Monforte pola formación musical de calidade, mantendo a día de hoxe unha ampla e variada oferta de estudos oficiais de música, en diversas especialidades. Na actualidade, conta con sete disciplinas musicais: Piano, Percusión, Clarinete, Saxofón, Violín, Vento metal e Guitarra; e cun equipo docente formado por 10 profesores e profesoras.

Neste primeiro cuarto de século, pasaron polo Conservatorio 800 alumnos e alumnas que, xunto co alumnado da Escola Municipal de Música na que se imparten ensinanzas non regradas, suman en conxunto máis de 2.000 alumnos e alumnas formados nas instalacións educativas emprazadas no Edificio Multiusos ao longo destes 25 anos.

ÚLTIMAS

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...