HomeCulturaMonforte convoca o XXVIII Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino

Monforte convoca o XXVIII Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino

A representación das obras terá lugar entre o 24 de abril e o 9 de maio na casa da cultura Lois Pereiro en horario de 8 da tarde.

Publicado o

- Advertisement -

No certame poderán participar todos os centros de ensino de Monforte de Lemos representando unha soa obra de teatro. Poderán participar como invitados outras asociacións ou colectivos locais despois da correspondente petición e da aceptación por parte da Delegación Municipal de Cultura.

As solicitudes de inscrición presentaranse no Rexistro Xeral do Concello antes do 1 de abril. A documentación que haberá que presentar é título da obra, autor, reparto, nome do director, sinopse e duración da mesma. Todos os participantes no Certame deberán pertencer obrigatoriamente ó centro ó que representan. As obras deben ser estreadas no certame e ter unha duración mínima, de media hora.

O Concello colaborará cos centros de ensino participantes aportando material para a realización da obra por unha cantidade máxima de 100 euros. Os premios consistirán na gravación en DVD das obras representadas que serán entregadas ós centros participantes, así como dun diploma acreditativo para cada un dos participantes. A entrega de premios terá lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro o 13 de maio ás 18:00 h.

ÚLTIMAS

Agroma Sober pregunta polo mal funcionamento da depuradora de Canaval e denuncia “dobre raseiro” na protección da paisaxe ribeirá

Lembran desde Agroma Sober que a situación da depuradora xa a levaron a pleno...

O BNG de Pantón esixe explicacións polos cortes na subministración eléctrica

O BNG de Pantón pide ao Concello que se dirixa ás distribuidoras eléctricas e...

O PSdeG de Triacastela denuncia que o PP incumpre o calendario de plenos

Segundo explican os socialistas, ata a presentación do escrito só se celebraron dous plenos...