HomeCulturaCine social na programación de maio do Cineclub Ateneo

Cine social na programación de maio do Cineclub Ateneo

Un mes máis continúa a programación gratuíta do cineclub Ateneo, esta vez cun mes de maio dedicado a temáticas de índole social: a inmigración, a liberdades relixiosa e sexual ou o abandono do noso rural ocupan a centralidade das historias deste penúltimo ciclo de proxeccións desta primeira tempada

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As actividades comezan o venres, 8 de maio coa proxección ás 20:00h de “Frontera“. Thriller -Western no que a esposa dun ex-sheriff de Arizona é asasinada na fronteira de México con Estados Unidos. Todo parece indicar que o culpable é un home mexicano que estaba cruzando a fronteira aos Estados Unidos de maneira ilegal.

O sábado, 16 de maio, desde as 19:00h celebrarase un coloquio sobre o documental de “O Son da Serra, Cando O Courel derramou bágoas de cinsa” da produtora Némesis Audiovisual e Emilio Romanos. O venres 15, ás 20:00h o documental proxetarase en Multicines Hollywood con libre e gratuíta ata completar aforo.

O filme, “Contra la Pared” protagonizará a xornada do 22 de maio. Ás 20:00h proxectarase este drama sobre inmigración, no que despois de tentar suicidarse, Cahit, un turco-alemán de corenta anos, alcólico e toxicómano, é ingresado na planta de siquiatría, pero non logra acostumarse a durmir sen drogas nin alcol. A Sibel, unha guapa moza turca de 20 anos que naceu en Hamburgo, gústalle demasiado a vida para ser unha boa musulmana. Tamén ela tentou suicidarse para fuxir do cácrere de rexas humanas que a súa familia, moi crente e respetuosa das tradicións, levantou ao seu arredor. Unha vez frustrado o seu suicidio, só ve unha posibilidade para liberarse da súa familia: casarse con Cahit. O traballo recibiu o Oso de Ouro Mellor Película Festival de
Berlín e Goya Mellor Película Europea.

Pecharase o ciclo o 29 de maio coa proxección ás 20:00h de “Stonewall“. Este drama baseado en feitos reais localízanos en xuño de 1969, unha serie de feitos desembocaron en violentos disturbios no bar Stonewall Inn de Greenwich Village, frecuentado por gays e transexuales. Este foi o punto de partida dos movimentos que reivindican a igualdade de dereitos da pobación homosexual.

O ciclo realízase ca colaboración do Festival Fancine de Lemos e o Colectivo Nordés e que todas as proxeccións e eventos do cineclub son de acceso libre e gratuíto ata completar aforo.

ÚLTIMAS

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...