HomeCultura30.000 euros para o fomento da lectura nas bibliotecas de Lugo

30.000 euros para o fomento da lectura nas bibliotecas de Lugo

Vense de publicar a liña anual de axudas da Xunta de Galicia dirixidas a concellos para organizar iniciativas de dinamización nas bibliotecas e axencias de lectura locais a través do programa "Ler conta moito".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na Zona Sur foron beneficiarios de axudas para contratación de actividades a través do ciclo de fomento da lectura “Ler conta moito” os seguintes concellos: Bóveda, Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, Quiroga, O Saviñao, Sober e Taboada.

O catálogo de Ler conta moito inclúe un amplo abano de accións dirixidas ao público infantil, xuvenil e adulto. Entre outras, figuran obradoiros creativos; propostas de narración oral como contacontos, exposicións ou charlas; divulgación literaria a través de encontros con autores, clubs de lectura e similares; así como outras actividades centradas en temas de interese social ou cultural.

Ademais, ofértanse proxeccións audiovisuais, audicións, ciclos de cine e música, creación de contidos dixitais, proxectos de artes escénicas, exposicións ou roteiros para descubrir escenarios literarios, entre outros.

DOG onde sae a resolución das axudas concedidas.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...