HomeCulturaO centro de día de Quiroga celebra as Letras Galegas elaborando un...

O centro de día de Quiroga celebra as Letras Galegas elaborando un libro sobre Begoña Caamaño

As persoas usuarias do centro elaboraron, coa axuda de persoal do centro e de AFAMON (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Monforte de Lemos) un xigantesco libro no que se recolle a vida da escritora viguesa

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O traballo fai un repaso pola súa obra literaria, o seu traballo xornalístico e a súa loita pola igualdade entre homes e mulleres, pola solidariedade e polos problemas dos sectores sociais máis desfavorecidos implicándose co feminismo e cos diversos movementos sociais en que participou.

Para a presentación deste traballo achegouse o concelleiro de Servizos Sociais, Xosé Manuel Fernández, quen se encargou de trasladar o libro ata o bar do Centro Social onde estará exposto durante todo este mes de maio para que o poidan ver todos os veciños e veciñas. o concelleiro manifestou estar moi orgullosos do traballo das usuarias e usuarios do Centro de Día lembrando a figura de Begoña Caamaño, homenaxeada este ano nas Letras Galegas.

Con este tipo de actividades búscase ofrecer lecer activo coa realización de traballo intelectual que serve para combater o deterioro cognitivo e divulgar a vida e obra de intelectuais  galegas/os que deixaron legado polos seus valores, a súa pegada literaria e o seu compromiso con Galicia. Con todo, tamén se pon en valor a celebración dunha data tan relevante para o galego como é o 17 de maio.

Centro de día Quiroga Letras Galegas 2026 / Concello de Quiroga

ÚLTIMAS

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...