HomeCulturaMonforte celebra o Festival das Letras Galegas

Monforte celebra o Festival das Letras Galegas

O Concello de Monforte de Lemos sumouse este 17 de maio á conmemoración do Día das Letras Galegas coa celebración do tradicional Festival das Letras Galegas, que tivo lugar pola mañá na Casa da Cultura Lois Pereiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O certame contou coas actuacións da Asociación Cultural Amigos da Pandeireta de Monforte e da Coral Polifónica do Concello de Monforte.

A Asociación Cultural Amigos da Pandeireta de Monforte, dirixida por Xosé Luis Cofán, interpretou sete pezas musicais recollendo no repertorio pezas variadas, dende as muiñeiras de Vilas, Mondariz ou Rodeiro, a foliadas, incluíndo como peche “Foliada do Cabe” con letra e música de Xosé Luis Cofán que, tal e como explicou o autor, pretende ser representativa de Monforte, por estar composta en honor á cidade do Cabe.

O segundo tramo do Festival estivo protagonizado pola actuación da Coral Polifónica do Concello de Monforte, que dirixe Fernando Sanmartino. O grupo interpretou cinco pezas da tradición popular con títulos como “A Virxe de Portovelo” e “Meu amor mariñeiro”.

A concelleira de Cultura, Marina Doutón, foi a encargada de presentar o acto ao que acudiron tamén o alcalde, José Tomé, e outros membros da corporación. Doutón, puxo en valor a figura da escritora e xornalista Begoña Caamaño, a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas, á que definiu como unha “muller valente e vital” na defensa “do rigor, o compromiso social e o feminismo”. Neste senso, destacou o seu papel como narradora “demostrándonos que a literatura pode e debe ser unha ferramenta para cambiar o mundo e construír unha sociedade mellor”. O Festival rematou coa interpretación de dúas pezas a cargo das dúas agrupacións, pechando co Himno Galego.

ÚLTIMAS

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...