HomeCulturaO Ciclo Mestre Mateo chega este verán a Taboada, A Pobra do...

O Ciclo Mestre Mateo chega este verán a Taboada, A Pobra do Brollón e Sarria

O Ciclo Mestre Mateo, que promove a Vicepresidencia da Deputación xunto coa Academia Galega do Audiovisual, achega as producións máis destacadas do audiovisual galego a concellos sen salas comerciais. Este ano irá na provincia a: A Fonsagrada, Foz, A Pobra do Brollón, Monterroso, Taboada, Meira, Sarria e Vilalba.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta edición, o público poderá ver un total de oito títulos: Sirât, As liñas descontinuas, Antes de nós, San Simón, 360 curvas, O son da nova regueifa, Deuses de pedra e O silencio herdado.

Nestes 4 anos leváronse a cabo 232 sesións de cinema, que reuniron un total de 6.010 espectadores e espectadoras. Estes datos consolidan o ciclo como un dos proxectos culturais con maior implantación territorial na provincia de Lugo. Participaron xa numerosos concellos, cun total de 40 películas proxectadas, 232 sesións de cinema e 6.010 espectadores e espectadoras.

A deputada de Cultura, Iria Castro, destacou que “o ciclo de proxeccións dá continuidade a un ano en que Lugo foi centro do audiovisual galego, coa celebracion na cidade da gala dos Premios Mestre Mateo. A ampla representación de profesionais das comarcas de Lugo na factura das películas e documentais que se proxectarán, como finalistas dos Premios Mestre Mateo nestas categorías”.

Lucía Regueiro desde a Academia destacou que “unha cuestión importante para a Academia é a conexión do público co cinema que se produce actualmente en Galicia. Por iso, un dos obxectivos principais do Ciclo Mestre Mateo é facilitar ás persoas o acceso a unha programación de cinema galego actual e de calidade e, moi especialmente, a todas aquelas que non contan cunha oferta de cinema comercial nas súas vilas”.

O Ciclo Mestre Mateo, creado pola Academia Galega do Audiovisual en 2022 co apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo e replicado logo noutros ámbitos xeográficos, consolidouse como un proxecto clave para levar o cinema galego de calidade a vilas sen salas comerciais, creando unha rede de exhibición en centros culturais, auditorios e bibliotecas por toda Galicia. Ao longo das súas edicións, o ciclo contribuíu a facer accesibles producións destacadas do audiovisual galego, superando as limitacións dos circuítos comerciais e reforzando o vínculo da cidadanía co seu propio cinema.

O proxecto conta coa colaboración da Asociación Cultura M de Meira, do IESCHA de Vilalba, da Asociación Falcatrueiros de Monterroso, da Asociación Petapouco e a Destempo da Fonsagrada, da Sociedade A Unión de Sarria e dos concellos da Pobra do Brollón, Taboada  e Foz, que organizan a programación das proxeccións. As datas e horarios actualízanse na web ciclomestremateo.gal

    ÚLTIMAS

    Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

    Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

    Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

    O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

    Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

    O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...

    Alumnado dos centros educativos de Chantada reinterpretan ao artista local Manuel Jorge nunha exposición

    A exposición "Manuel Jorge. Unha mirada nova", inaugurada este luns 21 de setembro no...