HomeMedio ambiente e PatrimonioO mellor alumnado galego de Bioloxía de Bacharelato e da ESO recibe...

O mellor alumnado galego de Bioloxía de Bacharelato e da ESO recibe clases intensivas nas Montañas do Courel

Esta fin de semana os seis mellores alumnos e alumnas na materia de Bioloxía, seleccionados polo Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA) e a Olimpiada Española de Bioloxía participaron nunha vista especializada no Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel, grazas ao convenio entre o Xeoparque e o COBGA.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Son seis os alumnos e alumnas que participan activamente nestas clases especializadas nas Montañas do Courel e dirixidas a estudantes especialmente interesados nas ciencias da vida e da Terra. Sergio Rodríguez, do IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas; Le Zhou, do IES Xulián Magariños de Negreira; e Cecilia Fernández, do Colexio Obradoiro International School da Coruña, foron os gañadores da fase galega da Olimpiada Española de Bioloxía de 2º de Bacharelato. A competición celebrouse o pasado mes de febreiro na Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Este resultado permitiulles representar a Galicia na fase nacional, que se celebrou en marzo na Universidade de Cantabria.

Ademais, Cecilia Fernández acadou recentemente a mellor cualificación en Galicia nas Probas de Acceso á Universidade, un novo recoñecemento á súa brillante traxectoria académica, que acompaña con dotes, tamén excelentes, co violín.

Pola categoría de Educación Secundaria Obrigatoria, cuxa fase final tivo lugar no propio Xeoparque hai dúas semanas, participaron na visita Carmen Suárez e Diego Castro, do Colexio Santa María del Mar Jesuitas da Coruña.; e Uriel Moral, do IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras, ao ser a mellor participación individual. O alumnado estivo acompañado polo docentes encargados de preparalos para as olimpiadas e, nalgún caso, pola familia.

Alumnado de Bioloxía no Courel / Xeoparque Montañas do Courel

A visita

O grupo foi recibido no Museo Xeolóxico de Quiroga polo presidente do Xeoparque, Roberto Castro; o xerente do COBGA, Pablo Fernandes; e os delegados en Galicia da Olimpiada Española de Bioloxía, Monse Ulloa e Luis Fernández.

Ao longo da fin de semana visitaron os diferentes museos do territorio, a Dobra de Campodola, a fervenza de Vieiros, O meandro da Cubela  e diversos lugares onde puideron observar evidencias dun pasado glaciar da man do xeólogo Roi Sampedro. Tamén coñeceron diferentes especies de orquídeas e outras plantas da man do biólogo Marcos Reinoso, así como a minería aurífera romana, guiados polo presidente do Xeoparque, Roberto Castro. Ademais, estiveron acompañados por un equipo de docentes de Bioloxía e Xeoloxía.

O alumnado valorou moi positivamente a visita e destacou o privilexio de poder compartir dous días con especialistas de tan alto nivel nunha experiencia practicamente personalizada. Entre os aspectos que máis lles chamaron a atención citaron os espectaculares miradoiros visitados, a emoción de atopar e identificar distintas especies de orquídeas silvestres e a sorpresa de descubrir a fervenza de Vieiros. E tamén, antes da despedida, houbo tempo para desfrutar da Praia Fluvial de San Clodio.

Alumnado de Bioloxía no Courel / Xeoparque Montañas do Courel

ÚLTIMAS

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...