HomeCulturaConcurso de debuxo e de fotografía polo Día da Muller

Concurso de debuxo e de fotografía polo Día da Muller

O Concello do Saviñao convida á participación creativa con motivo da celebración do día 8 de marzo.

Publicado o

- Advertisement -

Xa está en marcha o ‘II Concurso de debuxo do Día da Muller 2019′ no que se anima a participar a todos os nenos e nenas do concello dos cursos de infantil, primaria e secundaria.

O tema do debuxo será “Mulleres no rural” e cada neno/a poderá entregar unha obra na que se permite traballar con liberdade no que respecta á técnica e ao uso de pinturas. O tamaño da ilustración será DIN-A4 sendo indiferente o enfoque en horizontal ou en vertical e o material do soporte pode ser papel ou cartolina.

En canto á valoración dos debuxos presentados teranse en conta a orixinalidade, laboriosidade, creatividade, o sentimento que transmita e, como non, a contextualización en relación ao lema proposto.

O prazo de entrega remata o 4 de marzo podendo presentarse as obras no rexistro do concello o una secretaría do Colexio de Currelos. Xunto co debuxo deberá acompañarse un anexo cos datos do autor ou autora. O fallo farase oficial o 7 de marzo comunicando o resultado aos gañadores. Os traballos quedarán expostos na Casa do Concello do 8 ao 31 de marzo.

O premio consistirá nun vale de 50€ na librería Loela e diploma acreditativo fixando 4 categorías das que sairá cada premiado: Infantil (4º, 5º e 6º curso), Primaria A (1º, 2º e 3º), Primaria B (4º, 5º e 6º) e Secundaria (1º, 2º, 3º e 4º ESO).

Así mesmo, tamén se convoca aos veciños e veciñas ao ‘Concurso de Fotografía Día da Muller 2019′ aberto á participación para maiores de 16 anos podendo presentar dúas fotografías por persoa.

O tema será o mesmo que no concurso de debuxo, “Mulleres no rural” , tendo que estar as obras necesariamente relacionadas. O prazo de entrega remata o 5 de marzo ás 14:00 h. remitíndose antes ao correo electrónico  concelleriadecultura@concellodosavinao.net cun título, unha ficha de inscrición e unha autorización para publicar as imaxes.

As fotografías recibidas colgaranse na páxina oficial de do Concello do Saviñao nun álbum co título do concurso e optarán a dous premios: o premio do público da rede social Facebook e o premio do xurado. A foto con máis “gústame” ata o día 28 de marzo ás 14:00 h. resultará gañadora na categoría de público e aquela que resulte escollida por un grupo de persoas formado por persoal do concello e reunido o 29 de marzo será a gañadora do xurado. A mesma foto non poderá gañar nas dúas categorías.

No apartado de premios os dous gañadores, do público e do xurado,  levarán unha fin de semana en Galicia con destino a escoller valorado en 300€ máis diploma acreditativo. As fotografías presentadas exporanse ao público na Casa do Concello do Saviñao tamén do 8 ao 31 de marzo.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...