HomeCulturaVillares destaca no Incio o éxito da Furgoteca

Villares destaca no Incio o éxito da Furgoteca

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, puxo en valor o servizo da Furgoteca, na dinamización cultural dos concellos do rural da provincia. Fíxoo tras comprobar no Incio o funcionamento deste recurso itinerante que promove a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta puxo en marcha A Furgoteca no ano 2023 en 20 concellos do rural de Lugo e do sur de Ourense con menos de 20.000 habitantes e sen servizo de biblioteca. A principios de 2025 incorporou unha terceira ruta, coa que se ampliou o servizo a outros dez municipios do oeste ourensán.

A ruta da provincia de Lugo inclúe os concellos de As Nogais, Baleira, Cervantes, Folgoso do Courel, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, O Incio, Pedrafita do Cebreiro, Samos e Triacastela, onde a biblioteca móbil facilita á veciñanza o acceso a un amplo catálogo de libros, películas, música, xogos e publicacións periódicas sen necesidade de desprazarse, ademais de promover distintas actividades de dinamización lectora.

“É un servizo que leva a cultura directamente ao territorio, achegándoa aos veciños e veciñas que non conta cunha biblioteca fixa e garantindo a igualdade de acceso independentemente do lugar no que se viva”, destacou o delegado.

A ruta da montaña lucense visita dúas veces ao mes cada un dos dez concellos participantes. Nunha das xornadas, A Furgoteca sitúase en espazos de maior afluencia, como feiras, mercados, centros educativos, de saúde ou socioculturais, mentres que na outra percorre parroquias e aldeas para ofrecer unha atención máis próxima e personalizada. A Furgoteca visita Triacastela o día 28 de xuño) e Samos o día 30 deste mes.

Furgoteca no Incio / Delegación territorial

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...