HomeCulturaSegredos de Pantón recupera o seu programa 'Cultiva Cultura'

Segredos de Pantón recupera o seu programa ‘Cultiva Cultura’

A entidade está a divulgar un formulario que recollerá o contacto da xente interesada en participar nos roteiros culturais que ofrecen ao tempo que pide o voto sobre as propostas presentadas. O ciclo está previsto realizalo nos meses de xullo, agosto e setembro.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Despois de moito tempo a Asociación Cultural Segredos de Pantón anda a preparar, 6 anos despois, unha nova edición de Cultiva Cultura, un programa de actividades para gozar e coñecer Pantón nos meses de xullo, agosto e setembro. Ademais, a entidade alcanza este 2026 os dez anos de existencia e cre que é unha bo cousa recuperar esta iniciativa cultural.

A través dun formulario recollerán o contacto das persoas interesadas ao tempo que preguntarán pola opinión respecto dos roteiros ofrecidos para esta edición. E como novidade, din dende a entodade, “tentaremos repetir un roteiro que xa fixeramos pero segundo os vosos votos”.

ROTEIROS PROPOSTOS A VOTACIÓN

Roteiro polas Terras de Vilamirón: Nesta ruta irase ata Vilamirón, a Torre de Vilamirón e a Torre de Quitapesares. Incluíndo un paseo polo val do Regueiro.

Roteiro Nocturno: Un venres/sábado á tardiña proponse un paseo relatando historias algo escuras pola nosa contorna (gavilla de ladróns, asasinatos, seres escuros…). Terá lugar pola contorna de San Vicente de Deade e Sta. Mª de Ferreira. Máximo 6 quilómetros, ruta circular.

Entre A Pedrosa e a Torre de Vilamelle: Neste roteiro proponse coñecer a parroquia de Vilamelle, reparando nunha antiga torre, algunha historia militar, cultura do viño e arte popular.

O outro románico pantonés: Aquí a idea sería coñecer outros templos románicos do Concello de Pantón. Estes templos serían: San Martiño de Tribás, Santo Estevo do Mato e Santuario das Augas Santas.

Por último proponse á xente interesada votar por algunha das rutas xa feitas en edicións anteriores. 

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...