HomeCulturaRecuperando o entroido tradicional do Courel

Recuperando o entroido tradicional do Courel

A ANPA do CPI Poeta Uxío Novoneyra de Seoane do Courel e o Servizo de Normalización Lingüística deste colexio están a investigar e recuperar os costumes, tradicións e figuras vinculadas ao Antroido na Serra.

Publicado o

- Advertisement -

Alumnado e familias do Colexio realizan entrevistas á xente de máis idade de todas as aldeas co fin de recabar datos sobre os usos antigos e personaxes típicos desta festa, así como comidas e doces, cancións, etc.

O obxectivo do estudo é coňecer e transmitir unha parte do patrimonio cultural do Courel bastante esquecido e relegado, aínda que moi rica e diversa, para poñela en valor retomando usos, máscaras ou personaxes tradicionais, ademais de arquivalo para o seu posterior estudo.

Para dar o primeiro paso neste coñecemento e divulgación do Entroido do Caurel, o Sábado, 2 de marzo, celebrarase unha festa en Folgoso a partir das 5 da tarde. Suxiren leva roupa vella para gozar da festa e levar un instrumento para ter unha gran foliada. Celebrarase unha merenda con doces típicos, para rematar vendo arder a Meca e o Meco.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...