HomeMedio ambiente e PatrimonioMáis dunha vintena de investigadores nunha nova campaña de escavacións na Cova...

Máis dunha vintena de investigadores nunha nova campaña de escavacións na Cova de Eirós

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude financia as novas actuacións arqueolóxicas que se están a desenvolver na Cova Eirós, en Triacastela, desde o pasado día 4 e ata o 18 de agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, visitou este mércores o alcance dos traballos acompañado polos codirectores da escavación, Arturo de Lombera e Pedro Rodríguez, e pola alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias. As escavacións execútanse no marco dun convenio coa Universidade de Santiago de Compostela polo que a Xunta achega 35.000 euros para o estudo deste xacemento e doutros situados na Serra da Enciña da Lastra, en Rubiá (Ourense).

Villares sinalou que o Goberno galego vén sufragando desde o ano 2015 as sucesivas campañas en Cova Eirós, “que revelaron un dos xacementos máis importantes de Galicia, xa que alberga as únicas mostras de arte paleolítica descubertas ata o de agora na comunidade”.

As escavacións no sector da entrada, iniciadas no ano 2008, permitiron descubrir abundantes materiais e restos de fauna, así como unha estratigrafía complexa, onde se atoparon restos de ocupacións paleolíticas que abranguen dende o paleolítico medio ata os momentos finais do paleolítico superior, e mesmo ocupacións da prehistoria recente e medievais. Salientan as ocupacións do paleolítico medio, atribuídas ao home de neandertal, nas que se teñen documentado dous fogares, algo pouco habitual en ocupacións tan antigas.

Durante a presente campaña prevese rematar as escavacións do nivel 4 e continuar tanto no nivel 5 como nas sondaxes para afondar no paquete estratigráfico e identificar novos niveis arqueopaleontolóxicos; así mesmo, acométense labores topográficos e de rexistro fotogramétrico do interior da cova. Algunhas destas tarefas tamén se levan a cabo na Gruta dos Blocos, situada nas inmediacións.

Na campaña participan máis dunha vintena de investigadores procedentes de universidades como a de Santiago de Compostela, Oviedo, Tarragona ou a Complutense. O proxecto ten unha vertente divulgativa, destacando as conferencias e charlas que se celebran coa veciñanza da contorna.

ÚLTIMAS

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...

Rexistrados dous tremores de terra en Taboada

Segundo os datos do IGN (Instituto Geográfico Nacional), o primeiro tremor produciuse sobre as...

Labores de mantemento no encoro dos Peares condicionan desde o 12 de outubro as rutas en catamarán polo Miño

A baixada do nivel da auga comezará o vindeiro 12 de outubro, ata acadar...

Renfe ofertará unhas 39.000 prazas para a ponte do Pilar no corredor Galicia-Madrid

Con motivo da ponte do Pilar, Renfe poñerá ao dispor dos viaxantes máis de...