HomeCulturaSegunda Parte e Rockin´kb abriron o V Ciclo de Concertos de Grupos...

Segunda Parte e Rockin´kb abriron o V Ciclo de Concertos de Grupos Monfortinos

A Praza de España de Monforte acolleu este martes, 18 de agosto, a primeira xornada de actuacións musicais dentro do V Ciclo de Concertos de Grupos Monfortinos, que organiza o Concello dentro do Programa do Verán Cultural e que nesta edición ofrece 11 concertos en diferentes espazos da cidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obxectivo deste ciclo de concertos é dar visibilidade e proxección ás bandas de música local ofrecendo aos artistas monfortinos un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante o público. “Queremos que os grupos monfortinos sexan os protagonistas e que a veciñanza teña a oportunidade de descubrir e desfrutar da música que se fai na nosa propia cidade”, indica o alcalde, José Tomé. Deste xeito, a programación funciona como un punto de encontro entre os músicos locais e a veciñanza, ao tempo que contribúe a dinamizar a actividade cultural de Monforte.

O certame abriuse na Praza de España coa participación dos grupos Seginda Parte e Rockin’kb e continuará con cinco xornadas máis ata o xoves, 27 de agosto.

Este mércores continúan os concertos tendo como escenario a Praza da Estación onde actuará Nectarine Soul ás 22:30h. O concerto de Cero2cero previsto para as 00:00, cancélase por falecemento dun familiar dun dos integrantes. A axenda complétase coas seguintes actuacións:

XOVES 20 DE AGOSTO

  • 22:30h  PRAZA DA COMPAÑÍA   GALGA BLUES BAND
  • 00:00h  PRAZA DA COMPAÑÍA   BELLA CHAOS

MARTES 25 DE AGOSTO

  • 23:00h PRAZA DA ESTACIÓN   MOVILLA Y LOS IRREPETIBLES

MÉRCORES 26 DE AGOSTO

  • 22:30h  PRAZA DA COMPAÑÍA   DEUCE
  • 00:00h  DA COMPAÑÍA   LOS JINETES DEL TRÓPICO 

XOVES 27 DE AGOSTO

  • 22:30h PRAZA DE ESPAÑA   7 ROJO
  • 00:00h  PRAZA  DE ESPAÑA   EL MUNDO DE SOFÍA BAND 

V Ciclo de Concertos de Grupos Monfortinos / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...