HomeCultura“O valor das palabras. Ou como crear mundos novos desde o dicir...

“O valor das palabras. Ou como crear mundos novos desde o dicir e o facer nos museos”, xornada formativa o 30 de setembro no Pazo de Tor

A Rede Museística Provincial de Lugo ten prazo aberto de inscrición para a xornada “O valor das palabras. Ou como crear mundos novos desde o dicir e o facer nos museos”, que terá lugar o mércores 30 de setembro de 2026, de 11.00 a 18.30 horas, no Museo Pazo de Tor, en Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A xornada, dirixida especialmente a profesionais de museos e espazos culturais das áreas de educación, mediación, programas públicos e xestión cultural, está concebida como un espazo participativo no que as persoas participantes disporán de recursos narrativos, performativos e de escoita activa para poñer en común prácticas, dúbidas, tensións e aprendizaxes do traballo cultural contemporáneo.

A sesión guiada por Leonardo Casado desenvolverase a través de catro bloques de reflexión–acción participativa: «Unha palabra trouxome ata aquí», «De verbos e prácticas», «Museo das palabras feridas» e «Glosario situado». Para rematar coa construción colectiva dese glosario, co propósito de crear novos significados compartidos que poidan servir como referencias vivas para o traballo museístico e cultural situado.

A participación é gratuíta ata completar aforo e o número de prazas é limitado, polo que se recomenda formalizar a inscrición canto antes a través do formulario dispoñible na web comunidadermpl.es

“O valor das palabras” pechará presencialmente a edición 2026 de Estratexias de Museoloxía Social (EdMS26), impulsada pola Rede Museística Provincial de Lugo co apoio de SOMUS–ICOM, o Comité Internacional para a Museoloxía Social. O encontro dá continuidade ao ciclo de conversas en liña celebrado durante a primavera, no que participaron 300 persoas de diferentes países de Iberoamérica arredor da saúde, a cultura de paz e o bo vivir.

A cita coincide ademais co dobre 20 aniversario da Rede Museística Provincial de Lugo e do Pazo de Tor. Baixo o lema “20 anos tecendo xuntos”, a programación conmemora dúas décadas de traballo compartido, relación co territorio e construción dunha rede museística comprometida coa participación, a inclusión e a función social dos museos.

ÚLTIMAS

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...