HomeCulturaA III Xornada da Memoria honra a "O Pequeniño do Incio"

A III Xornada da Memoria honra a “O Pequeniño do Incio”

Tras o descubrimento dunha placa conmemorativa, unha conferencia e unha mesa redonda, esta fin de semana haberá diferentes actividades no Incio e na Casa da Memoria que lembran ao coñecido tamén como 'O médico dos pobres'.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Coincidindo co 90 aniversario da captura e fusilamento de Manuel Díaz González, coñecido como “o Pequeniño do Incio”, a asociación Memoria é Naufraga, co apoio da Vicepresidencia da Deputación, está a organizar unhas xornadas dedicadas á memoria histórica, que deron comezo co descubrimento dunha placa conmemorativa no que foi o derradeiro refuxio do “Médico dos Pobres” o venres 11 de setembro.

Orixinal placa conmemorativa na Casa da Memoria. Foto: Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

O vicepresidente da Deputación e deputado de Memoria Histórica, Efrén Castro, participou neste acto que calificou de “emotivo e simbólico, ao celebrarse na mesma data do paseo de Manuel, un home a quen todos lembraban como bo e xeneroso”. Ademais destacou a importancia das xornadas “e máis nestes tempos nos que hai quen nega a verdade do terror da represión franquista”.

O programa concreto da III Xornada da Memoria, dedicada a este represaliado, seguiu pola tarde do mesmo venres cunha conferencia e mesa redonda, coordinadas por Ramón Villares, no Vello Cárcere de Lugo.

AXENDA DE ACTIVIDADES PARA A FIN DE SEMANA

SÁBADO 12

Ás 13:00 h, na Casa da Memoria de Bóveda, concerto do cantautor Xosé Constenla, especializado en memoria histórica.

Ás 18:00 h, ofrenda floral no monolito xunto ao castiñeiro centenario onde foi asasinado o Dr. Manuel Díaz, entre Laiosa e O Incio. A continuación, homenaxe no busto situado na Praza da Vila de O Incio.

DOMINGO 13

Ás 12:00 h, proxección en A Casa da Memoria do filme “O Médico dos Pobres”, dirixido por Federico A. Riobóo.

Ás 14:00 h, xantar na honra de Manuel Díaz González.

Ás 16:30 h, “Historia e poesía: memoria viva”, con Xurxo Ayán e Olga Novo.

Ás 18:00 h, representación de “Vermellos”, a cargo da compañía Rebuldeira Teatro de Sarria.



ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...