HomeCulturaSober conciencia da cultura do viño tamén aos máis pequenos

Sober conciencia da cultura do viño tamén aos máis pequenos

Publicado o

- Advertisement -

Nas actividades divulgativas do ‘Mes do Amandi’ tamén se teñen en conta aos máis pequenos para involucralos e conciencialos da importancia do viño no concello.

Sober presume de cultura do viño tamén cos máis pequenos.Nas actividades divulgativas do ‘Mes do Amandi’ tamén se teñen en conta aos máis pequenos para involucralos e conciencialos da importancia do viño no concello.

Debuxo realizado polos nenos de Sober/Concello de Sober

O pasado venres, e dentro da actividade “Merendas con contos”, os cativos tiveron a oportunidade de visitar viñas e unha adega moi importante de Sober para coñecer de primeira man o proceso de elaboración do viño

Outra interesante actividade dirixida aos nenos é o IV Certame de debuxo infantil “O Cultivo da Vide da Ribeira Sacra”. Recibíronse un total de 150 debuxos de gran calidade e realizados polos alumnos e alumnas de primaria de catro centros educativos da Comarca de Lemos. Mañá martes día 20 ás 12 do mediodía o alcalde, Luis Fernández Guitián, entregará os premios.

Visita dos nenos de Sober á bodega Rectoral de Amandi /Concello de Sober

O gañador do certame foi Alejandro Pérez López, do CEIP de Monforte. Concedéronse ademais tres accésit ao mellor debuxo de cada colexio participante que oscilan entre os 150 euros e un agasallo aos participantes.

ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...