InicioCulturaSarria, capital da música underground grazas ao Esmorga Fest

Sarria, capital da música underground grazas ao Esmorga Fest

Este ano celébrase o 5º aniversario dun festival que non para de medrar, este ano conta con máis de 20 artistas, algúns referentes a nivel nacional como Lagartija Nick, Toundra ou Carolina Durante, e teñen prácticamente vendidos todos os abonos.

Publicado o

- Advertisement -

O Esmorga Fest naceu a partir dunha festa de aniversario que se lles acaba indo das mans aos organizadores. A celebración, que contaba con concertos moi atractivos de bandas como Holywater, Disco Las Palmeras, Maryland ou Unicornibot, foi indo a máis ata que se tomou a decisión de dar o salto a Festival, e dende aquela levan 5 anos tirando do carro e subindo o nivel deste encontro coa música underground.

Nesta curta pero intensa traxectoria xa teñen recibido moi boas críticas de medios especializados de toda España que destacan, por exemplo, a coherencia da programación, o nivel de organización, o trato humano cos artistas, a profesionalidade na parte técnica e incluso o respectuoso e entregado público.

Público entregado no ‘Esmorga Fest 2018’. Foto: Org.

En edicións anteriores teñen pasado polo festival bandas como WAS, Triángulo de Amor Bizarro, Nudozurdo, Belako, Perro, Cala vento, Za!, Guerrera, Jardín Delacroix, Nueva Vilcano, ou La Plata. Na edición deste ano destacan, pola proxección a nivel nacional que teñen, Lagartija Nick, Toundra e Carolina Durante.

Todo xa preparado para que Sarria vibre coa música do Esmorga Fest e para que os amantes da música indie e underground gocen a tope dende este venres ata mañá sábado 16 de marzo. A ocupación hoteleira é xa do 95% quedando poucas entradas á venda para colgar o cartel de “Sold Out” co cal o éxito de público está xa garantido.

días, horarios e localizacións

O festival dará comezo hoxe venres 15 de marzo no Escenario SON Estrella Galicia na Sala Litmar e os grupos que acturán son os seguintes:

20.30 SEDA

21.30 Dûrga

22.30 Voltaica

23.30 Ànteros

00.40 Tuya

01.40 Sierra

02.50 El Lado Oscuro De La Broca

03.45 Pálida

Ao rematar os concertos, a acción trasladarase á Afterparty na Sala Maverick con Hidden Raposo.

Camiseta oficial do Esmorga Fest 2019

O sábado 16 é o momento para gozar dos mellores artistas emerxentes no Escenario Futuros Referentes SON Estrella Galicia en La Unión, lugar onde se poderán saborear as mellores hamburguesas gourmet a prezos populares para repoñer forzas. As formacións musicais para esta xornada, no seu tramo diurno son:

13.00 Guttigattuso & Solofolar Djs

14.30 Ladrillo y Mujer

15.00 Guttigattuso & Solofolar Djs

16.00 Juanita Dinamita

17.00 Amor Germanio

18.00 Bestia Bebe

18.30 Don Gonzalo

Pola noite, o Escenario SON Estrella Galicia na Sala Litmar acollerá:

21.00 Apartamentos Acapulco

22.05 Perro

23.10 Triángulo de Amor Bizarro

00.30 Lagartija Nick

01.40 Carolina Durante

03.00 Za!

04.00 PV3000

O peche porase coa Afterparty na Sala Maverick a cargo de Agostinho Dj.

ÚLTIMAS

Bóveda construirá un miradoiro astronómico na Serra de Penas

O obxecto desta intervención consiste na creación dun miradoiro específico e especializado para observar...

Detido por tenencia e distribución de pornografía infantil despois dunha denuncia na Comisaría de Monforte

As xestións practicadas por parte da Comisaría de Monforte de Lemos arroxaron que o...

CSIF Lugo pide ao concello de Monforte que cumpra a lei e recoñeza aos seus traballadores os dous días de asuntos propios pendentes do...

CSIF lembra que o concello está obrigado a recoñecer este dereito dos seus empregados...

Raquel Arias: “É inxustificable que Tomé ignore as 1.000 sinaturas que reclaman a Unidade de Atención Temperá para Monforte”

Segundo os populares, Monforte é o único municipio da comarca sen este servizo, provocando...