HomeCulturaA literatura, protagonista nas Terras de Lemos

A literatura, protagonista nas Terras de Lemos

Monforte de Lemos acolle esta tarde a presentación dunha obra de teatro infantil e mañá a conferencia dun Premio Planeta e outra presentación, neste caso da novela ‘Soños de chicolate’.

Publicado o

- Advertisement -

A Asociación cultural, educativa e social aulABERTA, moi activa no ámbito cultural e do ensino, organiza esta tarde a presentación da obra de teatro infantil “A formiga fóra do carreiro”, escrita por Raquel Castro e ilustrada por Ángela Álvarez Paula. O lugar da presentación é o Centro do Viño da Ribeira Sacra e o acto empezará ás 19:30 h.

Raquel Castro, de Salvaterra de Miño, é licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa e Filoloxía Hispánica pola USC. Ademais de escribir para público infantil e adulto traballa como profesora de lingua galega e literatura, dirixe un grupo de teatro e imparte obradoiros de interpretación. Coa obra A formiga fóra do carreiro, esta autora é finalista na Gala do Libro Galego 2019.

O venres 5 de abril o IES A Pinguela, dentro das súas habituais charlas e conferencias divulgativas, acolle un interesante encontro co escritor Lorenzo Silva. Ás 12.35 h. o autor coñecerá aos mellores lectores do centro de ensino e ás 13:15 h. ofrecerá unha conferencia para 1º e 2º de BAC.

Lorenzo Silva é un intelectual cunha prolífica actividade literaria, ten escrito numerosos relatos, artigos e ensaios pero tamén novelas coas que conseguiu importantes recoñecementos. Por destacar algunhas das súas obras, “El alquimista impaciente” co que obtivo o Premio Nadal no ano 2000, “La flaqueza del bolchevique” que foi adaptada ao cinema e “La marca del meridiano” coa que obtivo o Premio Planeta. Entre a súa obra destaca as novelas policíacas, os libros de non ficción e obras destinadas a mozos/as.

Este mesmo venres 5 de abril pola tarde, ás 20:00 h. presentarase na Librería Agrasar a última obra do monfortino Antón Valcarce, “Soños de Chiculate” baixo o selo de Agrasar Editores. A novela está inspirada nas antigas fábricas de chocolate que houbo en Monforte pero no libro non se cita a cidade para nada. Valcarce ademais de músico destaca como narrador literario con bastante obra centrada nas Terras de Lemos e principalmente baseada en relatos.

ÚLTIMAS

Agroma Sober pregunta polo mal funcionamento da depuradora de Canaval e denuncia “dobre raseiro” na protección da paisaxe ribeirá

Lembran desde Agroma Sober que a situación da depuradora xa a levaron a pleno...

O BNG de Pantón esixe explicacións polos cortes na subministración eléctrica

O BNG de Pantón pide ao Concello que se dirixa ás distribuidoras eléctricas e...

O PSdeG de Triacastela denuncia que o PP incumpre o calendario de plenos

Segundo explican os socialistas, ata a presentación do escrito só se celebraron dous plenos...