HomeDeportesAs Festas de Escairón darán comezo cunha carreira popular

As Festas de Escairón darán comezo cunha carreira popular

O período de inscrición para esta proba remata o xoves día 1 de agosto.

Publicado o

- Advertisement -

O vindeiro sábado 3 de agosto darán comezo as Festas Patronais de Escairón. Farano coa xa tradicional Carreira Popular Concello do Saviñao, que vai pola súa oitava edición. A competición dará comezo ás once da mañá coas categorías inferiores. A categoría absoluta, pola súa parte, terá lugar a partir das doce da mediodía.

A saída e a meta estarán situadas na Praza Maior de Escairón e os atletas terán que dar dúas voltas a un circuito de 4 quilómetros, completando unha proba dun total de 8 quilómetros. No caso das categorías inferiores, a distancia a percorrer variará segundo a idade dos participantes, dos 150 metros dos menores de 5 anos aos 1.400 metros de alevíns, infantís e cadetes.

Os interesados terán ata o xoves día 1 para anotarse nesta proba. Para facelo é preciso que lle faciliten á organización os seus datos (nome e apelidos, data de nacemento, sexo, poboación e número de teléfono) a través do enderezo de correo electrónico concelleriadedeporteosavinhao@gmail.com ou nos teléfonos 622 02 85 18 e 982 45 20 61.

ÚLTIMAS

Comeza o Circuíto Profesional de Teatro en concellos de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo fomenta a inclusión de teatro profesional dentro das...

Comeza a urbanización do Campo da Feira de Taboada

Nesta primeira intervención, lévase a cabo a construción dunha pequena praza no inicio da...

Espectacular axenda de outubro para celebrar o 25 aniversario do CC Ponte Vella

O Centro Comercial Ponte Vella, de referencia na Ribeira Sacra, presenta un amplo...

Chantada mellora o miradoiro Sobre Cabo do Mundo

A brigada de parques e xardíns acondicionou este miradoiro cambiando as estruturas de madeira...